Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago
Lugar: Praza de Cervantes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Hai referencias á existencia dunha igrexa no lugar da Praza do Campo dende finais do século X, nos tempos de San Pedro Mezonzo. Este templo foi reconstruído por completo polo bispo Xelmírez no século XII en estilo románico, e posteriormente reformado no século XIV. Pero foi nos tempos do arcebispo Malvar, a finais do século XVIII, en que se decidiu a reforma completa do edificio, abaténdoo por completo e refacéndoo en estilo neoclásico, que é como se amosa hoxendía.

A traza do edificio é do arquitecto Melchor de Prado Mariño, seguindo as pautas do neoclasicismo imposto dende a Academia de Belas Artes de San Fernando. A fachada é dunha xeada sobriedade, enmarcada entre dúas grandes pilastras de perpiaño lisas, sen basa nin capitel, que sosteñen un entaboamento igualmente liso. Estre estas ábrese a porta, con arco alintelado, coroado por unha cornixa moldurada, e sobre ésta, un tragaluz semicircular. Sobre o entaboamento instálase un frontón triangular liso, sen decoración algunha, e sobre o pincho, érguese un pequeño campanario octogonal.

O interior conta cunha soa nave que, quizais como reminiscencia do primeiro edificio románico, cúbrese con bóveda de canón dividida por arcos faixóns en catro tramos. Os faixóns apóianse en pilastras adosadas aos muros, e entre elas ábrense pequenos nichos laterais enmarcados en arcos formeiros, que acollen altares e pinturas. A liña de imposta é remarcada por un amplo entaboamento. A iluminación procede dos lunetos abucinados que, sobre a imposta, se abren a través da bóveda, en cada un dos tramos en que se divide. O presbiterio sepárase da nave por un arco triunfal sostido por pilastras lisas, no que se pode ler en letras douradas as verbas do Salmo 84 “beati qui habitant in domo tua, domine, in sæculum sæculi laudabent te”. A ousía, semicircular, divídese en cinco tramos por pilastras, decorados cada un con pinturas. A bóveda tamén está pintada, aínda que a feluxe dos séculos escureceu a obra ata facela irrecoñecible.

No interior, ademais das interesantes pinturas, tamén se conservan vestigios da primeira igrexa románica, coma os tímpanos con escenas da Anunciación e da Epifanía, en relevo policromado. Tamén destacan as tallas barrocas de San Antón, San Xoán Bautista e San Xosé.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:

A igrexa acole unha interesante colección de arte sacra que forma parte dun itinerario museográfico, xunto coa igrexa das Ánimas e a de Santa María do Camiño.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

As pinturas do interior están nun estado de conservación lamentable, nomeadamente as que decoran a bóveda do presbiterio.


Onde está localizado

Latitude: 42.88103513927674
Lonxitude: -8.541896939277649
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84