Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago
Lugar: Rúa das Casas Reais, 7
Outra denominación do ben: Capela da Confraría Xeral de Ánimas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Capela das Ánimas foi construída entre os anos 1784 e 1788 para a Confraría Xeral de Ánimas de Santiago, con planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro, e baixo a dirección do mestre de obras Juan López Freire. Uns poucos anos máis tarde, a eliminación dunha mazá de casas liberou o espazo fronte ao templo, e permitiu erguir a fachada, tamén con traza de Ferro Caaveiro. A construción é unha das mostras máis representativas do estilo neoclásico na cidade de Compostela.

A capela, de planta rectangular, ten unha soa nave, cuberta cunha gran bóveda de canón, apoiada sobre arcos faixóns que a dividen en catro tramos. A cada un destes tramos corresponden sendas capelas laterais, separadas por pilastras, e cubertas por bóvedas de canón perpendiculares á da nave. A iluminación procede de lunetos abertos na bóveda central en cada un dos tramos. O presbiterio, de planta cadrangular, está separado da nave por un gran arco triunfal que adopta unha forma cóncava, e cúbrese tamén con bóveda de canón.

A fachada, moi sobria, plantease como un templo clasico. Dous pares de columnas, a cada lado da porta, apoiadas sobre plintos, con basa, fuste liso e capitel xónico, sosteñen un entaboamento con friso liso, sen esculturas, e un frontón triangular, tamén sen decoración. Como acroteras, dous anxos a cada lado dirixen a súa mirada á cruz lisa que coroa a cimeira. Entre as parellas de columnas ábrese a porta, con arco alintelado, baixo unha cornisa sostida por dúas ménsulas. Sobre ésta, nun nicho rectangular, aparece unha escultura, en relevo policromado, de nove ánimas de ambos sexos en trance de churruscarse no Purgatorio, mantendo unha piadosa actitude orante a pesares das ardentes lapas que agabean polas súas carnes espidas. Enriba da escultura, ábrese un óculo circular que ilumina a nave do templo.

No interior, destaca o Via Crucis, con escenas da paixón de Cristo que adornan cada unha das capelas laterais, realizados entre 1803 e 1814 en estuco veneciano policromado polo escultor Manuel de Prado Mariño, irmán do arquitecto Melchor de Prado, que ideou o programa iconográfico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:

No interior amósanse os estucos policromados da paixón de Cristo, obra de Manuel de Prado: A Flaxelación, o Ecce Homo, o Camiño ao Calvario, o Alzamento na Cruz, por unha banda; a Crucifixión presidindo o altar maior, e pola outra banda, o Descendemento, a Lamentación sobre Cristo morto, o Santo Enterro e a Resurrección. A colección de arte da Capela das Animas forma parte dun roteiro museográfico xunto coa Igrexa de San Bieito do Campo e a de Santa María do Camiño.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88170436708517
Lonxitude: -8.541797697544098
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84