Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mondariz-Balneario
Parroquia: Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)
Lugar: Mondariz-Balneario - Gran Hotel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de crucifixo con plataforma octogonal de dous chanzos e pedestal, tamén oitavado, con gorgueira. Arriba do pedestal e fronte o varal disponse a figura de Santiago peregrino, flanqueado por dúas imaxes femininas. O varal é circular con estrías verticais. No centro do mesmo fican as figuras de Adán e Eva coa serpe enrolada. O capitel é cuadrangular achafranado con cabezas de anxo en cada chafrán. A súa cruz ten unha figura romboide que representa a Cristo Crucificado con catro cravos e mans abertas aínda que semella que estea bendicindo coa man dereita, non o podemos asegurar dado que ten bastante brión. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación. Este cruceiro foi situado no parque no ano 1967, onde antes había unha edificación destinada a servizos hixiénicos, que foi suprimida.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-PAREDES PARDO, A.: “Mondariz Balneario, Episodios Memorables”. Deputación de Pontevedra Edicións, 2011.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDARIZBALNEARIO/documents/0832CA004.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2265868416
Lonxitude: -8.46673607826
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84