Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben: Pazo do marqués
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Xoán Mariño quere encadrar este edificio contemporáneo como pertencente a arquitectura dun eclecticismo que fai a súa aparición en Noia a principios do século XX, en forma de neobarroco. Este pazo pertencería a súa veta máis sobria e monumental e cunha relación íntima coa natureza. Rodeada dun xardín moi extenso e con moitas clases de árbores e plantas, que conforman variados espazos de moi coidado mantemento. Podíamos dicir que a casa está integrada nun bosque, con hedras que gabean polos muros. A súa arquitectura xoga cos volumes, recollendo segundo Mariño o espírito do barroco e non as súas formas. Amosa un fermoso ventanal cara o sur e ten unha grandiosa escalinata no patio interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño, Xoán. Noia. Guía Turístico Cultural.comisión de Cultura do Concello de Noia. Dep. Legal C-726-88
García Vidal, Pedro. A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana.
Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/1610CA008.PDF
pax. 7

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
pax. 15


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7847716594
Lonxitude: -8.88914108276
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84