Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Outeiro Lombo da Costa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Trátase de dous batolitos. Na primeira laxe, de 6 x 2,7 metros, hai varias combinacións circulares, difíciles de ler.

A laxe número 2, de 7 x 4 metros, coincide co grupo XXXV descrito por García Alen e De la Peña Santos. Atópase sobre a parede inclinada e horizontal dunha laxe de granito moi fino. Varias escenas de equitación e varios antropomorfos, sendo todas as figuras moi esquemáticas. Os gravados presentan unha técnica de realización bastante moderna. Consisten nun bo número de deseños esquemáticos, entre os que predominan as escenas de equitación. Probablemente sexa un conxunto de época medieval ou posterior (p. 53 de García Alén).

Hoxe en día ámbalas dúas laxes atópanse moi erosionadas e non se ven ben os gravados. Ademais, aprécianse labores de cantaría e extracción de pedra a carón das mesmas.

Atópanse no alto dun outeiro a uns 3 metros ao sur da Laxe das Rodas e no medio dun campo de toxos sen sendeiro de acceso.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36012023
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GARCÍA ALÉN e DE LA PEÑA SANTOS: «Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra». Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1980. (p. 52)

SEOANE VEIGA, Yolanda: «Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade», Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade». Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, CSIC 2011. (pp. 249-250) -http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312-

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf (p. 28, Xacemento 27)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.51412013568206
Lonxitude: -8.501551151275635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84