
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro ,
Concello: Ames
Parroquia:Biduido (Santa María)
Lugar:Costoia
Cronoloxía: Idade do Ferro ,
Descrición:
Está situado nun espolón que se forma nun recodo do río Sar preto do lugar que se une ao río Roxos, e nos límites dos concellos de Ames e Santiago. Pola parte norte amosa un outeiro que se ergue máis de 10 metros por enriba do nivel da croa e que presenta uns desniveis que impiden calquera ataque exterior. As condicións defensivas son moi boas. Dende o río, o castro presenta desniveis moi acusados que o rodean por tres partes. A parte que non está cinguida polo río está protexida por un parapeto e terraplén que alcanza os 7 metros de altura e que na parte superior está moi esmorecido e co seu aparello derrubado cara o interior. Ten unha entrada pola cara sueste e outra suroeste.
Ten terras ao seu redor de moi boas condición para ser explotadas economicamente. A pouca distancia do Castro está o xacemento de Mirás(GA1002016), onde apareceron restos céramicos e estructuras tipo fosas que ao parecer teñen relación co Castro, xunto con este forman unha área de cautela no planeamento municipal.
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:GA15002017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8 (aparece como Castro de Quistiláns. nº 6 do cap II castros da Amaía)
Páxina no pxom de Ames
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA005.pdf (páxina 8 de 8 )
Plano de situación http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA002.jpg (terceira cuadrícula cara abaixo, comezando pola banda superior dereita)
http://digital.csic.es/bitstream/10261/5761/1/TAPA9.pdf (páxina 18)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación:: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está en estado moi malo. A día de hoxe 1 de marxo de 2012 ten eucaliptos dentro da croa e fíxose unha corta e carrexo de madeira con maquinaria pesada. Está cheo de restos de ramas e maleza e o parapeto presenta moitas fendas de subida a modo de camiños de subida motos ou feitos para outros usos. Quedou moi preto da autopista, que pasou entre os dous xacementos, e o río que o rodea, o Sar, é unha inmunda cloaca de cor verdosa cun cheiro insoportable. Aínda con todo destaca impoñente na paisaxe e ten impresionantes vistas sobre o río.



