Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Dumbría
Parroquia: San Martiño de Olveira
Lugar: Logoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Logoso sitúase ó pé da aldea do mesmo nome. Fica a uns 407 metros sobre o nivel do mar ó sueste de dita aldea. Ten polo lateral sur tres murallóns concéntricos de pedra e polo lateral norte unha fortificación amurallada con restos do foxo protector. Na croa existe unha rocha plana furada e partida supostamente por un raio, que nos fai supoñer que era unha ara de sacrificios. Polo lateral sur, ollamos entre a abundante maleza, moreas de pedras pertencentes ás edificacións que alí existiron. O seu estado de conservación é de regular a malo debido o abandono e a abundante maleza, ademais, a mediados do século XX e máis aló, as xentes do lugar buscaron e rebuscaron entre as pedras na busca do famoso caldeiro de ouro, unha lenda que comparten moitos castros.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15034040
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

O Castro de Logoso comparte unha lenda do famoso Caldeiro de Ouro polo cal as xentes do lugar buscaron entre as pedra por todo o castro, evidentemente sen topalo. Súponse que quen o atope atopará fortuna e riqueza, esta crenza que se transmitiu dende a época dos mouros, celtas ou castrexos dependendo dos autores,  ben a ser que cando as invasións bárbaras do norte de europa invadiron o país, transmitiron a crenza de que estos grandes tesouros foron agochados con encantamentos nos castros e en covas polos mouros na súa fuxida. Estos encantamentos correrían a cárrego dos trasnos nos castros e das ninfas nos ríos ou fontes.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-“ATLAS ARQUEOLOXICO DE GALICIA, Comarca de Fisterra”, Xunta de Galicia, 2009.
-GARCIA QUINTANS, M.: “El ayuntamiento de Dumbría, Historia, tradiciones y costumbres”, Deputación Provincial da Coruña, 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9710100518
Lonxitude: -9.06790494919
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84