
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vigo
Parroquia: Teis
Lugar: Gondesende
Outra denominación do ben: A Pedra da Auga
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A única estación de arte rupestre coñecida en Teis localízase no barrio de Gondesende.
As insculturas áchanse no medio dun camiño de a pé.
A rocha está enormemente erosionada a causa sobre todo do tránsito de persoas, e fogueiras sobre a pedra e outras agresións.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Si porque cadra nun camiño de paso.
Onde está localizado
Latitude: 42.25647539054384Lonxitude: -8.697137832641602
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 8, 2014
Aporto a seguinte información:
Trátase dunha laxe de 14 m de longo e 8 m de ancho no que se atopan diferentes gravados, entre eles círculos concéntricos con coviña central, algún con suco de saída. Tamén atopamos outra figura circular formada ao redor dunha protuberancia da propia rocha. O centro circular está situado no cumio da protuberancia, e ao seu redor desenvólvense varios círculos concéntricos, dos que só dous se perciben con maior claridade.
Este elemento prehistórico atópase gravemente deteriorado cos gravados case borrados debido a que forma parte dun camiño de acceso a unhas vivendas.
Aporto tamén a seguinte referencia:
http://xosecounhago.com/?p=521