Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Carnota
Parroquia: Pindo, O (San Clemente)
Lugar: O Pindo - Os Mouchos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

En 1907 establecéronse dúas balizas na ría de Corcubión, unha construída no illote de Carrumeiro vello e outra nunha punta do pobo do Pindo, na península dos Mouchos, no lugar chamado Bitabordes. Estas servían para marca-la enfilación de entrada do canal entre a illa Lobeira Grande e o baixo Carrumeiro Chico.
As dúas balizas consisten nuns piares de forma tronco-piramidal e sección cadrada, de 11 metros de altura e 6 metros de lado na base o establecido no illote Carrumeiro Vello, e de 14 metros e 8 metros, respectivamente, o situado na parte Sur-Oeste dos Mouchos. Ambos piares destacábanse claramente sobre a costa pola súa cor branca, e marcan unha enfilación a S. 85° E., que promedia a canal comprendida entre a illa Lobeira Grande e o baixo Carromeiro Chico.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.892673361736456
Lonxitude: -9.139938354492187
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84