Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Vila romana,
Concello: Ourense
Parroquia: Tras do Hospital (A Asunción)
Lugar: San Tomé
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
As primeiras referencias que temos son de Manuel Blanco Guerra, que entre os anos 1969 e 1974 realiza unha serie de catas no castro e a súa contorna. Será a partir do 1983 cando o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comece as escavacións sistemáticas do xacemento, datando a súa orixe no século I a.C. e mantendo a súa ocupación ata mediados do s. II d.C.
O poboado castrexo, asentado nun outeiro, ten polo sur o río Loña coma defensa natural e polo norte un foxo que xa non se distingue, ademais de terraplén aproveitado e murallas.
O curioso é que un século despois, xa trala invasión romana, unha comunidade moi diferente instalouse nas ladeiras do castro, fóra das murallas.
Segundo os estudosos, este castro é un caso particular, que non se da normalmente, pois nel chegaron a convivir estas dúas culturas ben diferenciadas, en perfecta harmonía. Das súas construcións, temos poucas referencias, pois foron arrasadas cando se instalou a comunidade tardio-romana que chegou máis tarde. A pesar de coexistir no tempo cos habitantes de intramuros, os restos materiais que quedaron deles son considerabelmente distintos.
Esta xente tiña cerámicas de importación, da Galia, ou de Clunia, claramente romanizadas; mentres que a xente de intramuros mantiña as formas, e os obxectos propios da cultura castrexa.
A mediados do século II d.C. ambos poboados foron arrasados ou abandonados, quedando o lugar ermo, ata que un século despois é de novo ocupado por un asentamento no que conviven, nunha perfecta simbiose, os modos e formas romanas coas tradicións anteriores, creando uns modelos habitacionais que van pervivir longamente na Galicia rural.
Pasear hoxe por este recinto é sorprendente, ver como a xente do interior do castro porfiou en aproveitar as pedras para asentar as súas casas e outras funcións, vemos algunha pía que puidera ser unha prensa para aceite e diversos elementos.
Tamén nalgún dos penedos mais elevados pódense apreciar varios petróglifos, formados por cazoletas e algún circulo con pequeno oco no interior. Toda a ladeira que cae cara o Loña, está chea de pías que aproveitaban para xuntar a auga da chuvia, facían sucos sobre os penedos para guiar a auga a estes “depósitos”. Aínda espallados polo monte, podemos ver algún resto de muíño manual, algún que outro anaco de cerámica, etc. Sobre a zona exterior levantouse un asentamento tardio-romano séculos I-III d.C., composto por dúas unidades construtivas. A maior está distribuída en tres estancias precedidas dunha galería, cunha escaleira que daba acceso ao piso superior, cunha solaina sustentada por piares de madeira apoiados no muro. Nunha das estancias consérvase o sistema de calefacción. En torno a este núcleo distribúense outras estancias destinadas a obradoiro, almacén, etc. A segunda unidade construtiva está formada por catro estancias cubículos artelladas por medio dunha galería na fachada á que se abre un patio rectangular, espazo aberto central que funciona a modo de patio con reminiscencias do atrium da típica casa romana.
Como tal contaría co seu correspondente compluvium aberto na cuberta do adro para entrada da luz e da auga, que sería evacuada ó exterior por medio dun canal ou sumidoiro, cumprindo as funcións do impluvium ou estanque central do adro no que se recollía a auga.
Nas distintas escavacións, apareceron fusaiolas, lucernas, vasos de vidro, terra sigilata, escouras de fundición, a figura dun cabalo dunha fibela de cinto do século IV d.C, un exemplar de bronce dun stilus, utilizado para a escritura sobre taboíñas enceradas, material relacionado coa odontoloxía e o oído dado a coñecer por X. Rodríguez.
O castro sitúase a escasamente 3 quilómetros da capital, seguindo a estrada que dende Ourense conduce ao próximo lugar de Velle, antiga estrada de Monforte, e despois de cruzar o río Loña, unha pista á dereita leva ao xacemento, un dos accesos conserva un camiño empedrado.
Información: Manuel Gago (manuelgago.org) e Xabier Moure (onosopatrimonio.blogspot)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2007/10/19/o-castro-de-santome-en-ourense-bosques-covas-de-remuino-e-humidas-pias-de-pedra/
http://www.flickr.com/photos/bandua/5244874964/
http://www.youtube.com/watch?v=P1ScYXWLb4g
http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/010205/01020503/32200_Castro%20de%20Santomé_1-49QPPM.jpg
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html
http://www.xunta.es/conselle/cultura/patrimonio/museos/mapour/galego/xacementos/xacem-santome.htm
http://turismogalicia.blogspot.com.es/2008/07/castro-de-santom-ourense.html
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/ourense/castrosantome.html
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=10569
Vista aerea http://vimeo.com/channels/videoaereo/23382906
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.347928802782015Lonxitude: -7.829706072807312
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Gavilanes67 says:
Xuñ 5, 2012
Castro Santomé 3d
http://vimeo.com/channels/videoaereo/23382906
Gavilanes67 says:
Xuñ 5, 2012
Castro Santomé vista aerea:
http://vimeo.com/channels/videoaereo/23382906
Oscar Franco says:
Abr 11, 2019
Volven os traballos arqueeolóxicos ao castro. A nova é do 10 de abril de 2019:
https://www.laregion.es/articulo/ourense/activada-obra-amplia-zona-musealizada-santome/20190410081053865138.html