Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Brión
Parroquia: Viceso (Santa María)
Lugar: Forxán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Atópase no cume dun outeiro de superficie plana e circular que está mesmo detrás da aldea de Forxán e que pertence as últimas estribacións que as terras de Brión fan cara ao río Tambre. As condición de defensas naturais son boas. As maiores caídas son as que fai cara o río e unha zona comprendida entre o río e o poñente. A zona presenta unha boas condicións para a terra de cultivo. Ten forma ovalado e alongado no eixo nordés – suroeste. En dirección a Forxán e as marxes do río, deféndese por un parapeto que rodea todo o recinto e que hoxe está esmorecido en diferentes partes. Pola parte de poñente a estrutura defensiva acada unha altura interior de una 2,5 metros, unha anchura de 3 m. e uns terrapléns a partir do parapeto que acadan unha altura exterior de 5 m. Polo nordés e leste as defensa están derrubadas e cuns terrapléns exteriores notables. Hoxe en día a coroa forma unha mesta carballeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15013001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val da Barcala, Amaía e Val do Dubra. 1992. Gráficas Sementeira. Noia. ISBN 84-87848-02-8
Webs PXOM

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA025.pdf (pp.3 de3

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA002.pdf (pp.13 de 24). Con I.Explorer


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.876561641567925
Lonxitude: -8.752927780151367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84