Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: Santiago de Viascón
Lugar: Costa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Gran laxe de superficie abombada con 12,60 m de longo por 3,40 m de ancho. Os gravados amosan combinacións circulares alternando con cervos. As combinacións circulares enmaráñanse na parte central pero, en xeral, os gravados están ben definidos en toda a rocha principal.

Pódense atopar outro cervo desgastado cara ao norte da rocha, polo lado este, e outra combinación circular tamén desgastadas ao norte da laxe pero pola parte central.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36012036
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Os veciños están convencidos de que soa oca por dentro, porque debe haber unha cavidade debaixo. Incluso se din que hai uns anos viñeron uns arqueólogos a facer  unha escavación para intentar acceder a cavidade inferior. De feito inda se pode ver una profunda escavación feita na da cara oriental pola que se tratou de acceder a cámara inferior.

Hai que lanza rochas contra a laxe  para demostrar como soa a valeiro  por embaixo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● R. Sobrino Buhigas “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae” Seminario de Estudos Galegos. Santiago de Compostela, 1935. Tab. XXXV, XXXVI e XXXVII.

● García Alen y Peña Santos “Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra” A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980. ISBN 84-85728-04-1. Laxe das Coutadas Páx. 59

● Yolanda Seoane-Veiga “Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade”, Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade” Santiago de Compostela : Laboratorio de Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2011. ISSN: 1579-5349. páx 259.
http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312

● N.S.P. 25/02/1997 Concello de Cotobade, Xacementos Arqueolóxicos. Xacemento 36
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en bo estado pero en medio dunha plantación de eucaliptos. sería convinte delimitar unha zona ao redor da laxe na que non se prante esta especie.


Onde está localizado

Latitude: 42.48343133852242
Lonxitude: -8.523443967114872
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84