Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Goiáns, San Sadurniño
Lugar: San Caetán, A Silva
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificio construído no século XIX de estilo popular.
O templo é dunha soa nave que leva anexa nun lateral a sancristía (cun van abucinado) e na fachada frontal un pórtico aberto sobre columnas e cuberta de tella.
Iste último engadido levantouse fai cousa duns 18 anos polos veciños da zona, que ademáis fixeron unha labor de restauración.
A fábrica é de cachotería de granito visto, con cuberta de tella a dúas augas, sobre a que se erixe, no extremo frontal (rematando a fachada) o campanario, sinxelo, cunha pequena espadana dun só arco, e na parte posterior unha pequena cruz de granito.
Na fachada principal está a porta de entrada con dous bancos de pedra aos lados, tamén de granito, adosados á fachada. Na mesma fachada, fiestra que alumea o interior e sinxela espadana dun único van.
A capela está baixo a advocación de San Caetano (1480-1547), fundador da Sociedade de Cregos Regulares ou Teatinos en 1524. Foi beatificado en 1629 e canonizado en 1671.
Os teatinos estiveron presentes en España dende o século XVII.

Pola súa parte o cruceiro, tipolóxicamente de crucifixo, atópase no adro da capela.
É de labra recente, e aínda que non aparece inscrición algunha relativa á súa cronoloxía, sábese pola memoria oral dos veciños que foi donado no ano 1998 por un veciño da aldea.
Aparece formado por unha plataforma de dous chanzos de sección cadrada. Sobre eles érguese un pedestal prismático coas aristas curvadas cara adentro e que remata cunha sección en forma de cruz. Sobre este chántase o fuste, de sección cuadrangular nos extremos e con arestas biseladas na parte central que o convirten nunha sección octogonal.
O capitel é sinxelo, troncopiramidal invertido e con molduras cóncavas e convexas.
A cruz é de tipo latino e de sección cadrada, nela aparece un Cristo crucificado con coroa de espiñas e pano de pureza sen nó. Non leva cartela e non ten a inscrición INRI.
No reverso carece de figuración.

Ámbolos dous elementos están rodeados por un muro baixo, de cachotes de granito.
A capela está actualmente en uso, oficiándose misas tódolos luns á noitiña e cada ano, o 7 de Agosto, celébrase unha romaría de bastante sona na bisbarra.

Por aparecer inscrito no PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) do Concello de Porto do Son, ano 2012 (en trámites de aprobación) ten categoría de Ben Inventariado, cun nivel de protección integral, excepto o adro da capela e o muro que o delimita, que gozarán dun grao de protección ambiental.

Melloras necesarias que recolle dito Catálogo: soterramento do cableado aéreo e instalación dun alumado nobre acorde coa entidade do ben.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

 

 


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Catálogo do PXOM do Concello de Porto do Son. 2012 (en proceso de aprobación) Ficha nº A_077
– MARIÑO DEL RIO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Edita: Comisións de Festas Do Carme, 2005, pp 58-59.
– Memoria oral dos veciños da Silva.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O estado de conservación de ambos os dous elementos é moi bo.
A pesar de non estar afectado directamente por unha obra, si que se pode observar moi preto do agro a construción dunha tarima de hormigón destinada a servir de palco para as festas e a misa que se celebra no exterior da capela na romaría de San Caetán.


Onde está localizado

Latitude: 42.747670049955914
Lonxitude: -8.94835352897644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84