Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Visma (San Pedro)
Lugar: Labañou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dun cruceiro de granito de tipo crucifixo.Ten unha plataforma triangular de tres chanzos sobre a que se asenta directamente un varal de sección cadrada. Presenta estrías lonxitudinais e paramentos recuadrados na base. Nun dos lados aparece en baixorrelevo unha caveira cas tibias cruzadas. Está moi erosionada.
O capitel é de sección cuadrangular. Presenta as mesmas estrías co varal, ten molduras e vai ornamentado con formas de óvalos.
Sobre o capitel érguese unha cruz con brazos de sección rectangular. No anverso aparece o Cristo crucificado con tres cravos. Ten a cabeza ergueita e leva coroa de espiñas. As mans están pechadas e leva o pano de pureza atado á dereita cunha corda. No anverso non hai imaxes.
O cruceiro data do s. XVII. Pertenceu á desaparecida capela de San Roque de Afora.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARTÍN RUIZ, L.: «Cruceiros na provincia da Coruña». Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30 (páxina 150 de 155)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.375011151915906
Lonxitude: -8.425676822662354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84