Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Santiago de Viascón
Lugar: Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Hoxe en día pouco se conserva do castro. As pedras dos muros e dos vivendas é moi probable que foron empregadas en época moderna na construción das casas e dos muros das fincas do pobo de Viascón. Aínda é posible diferenciar unha croa central no alto do outeiro, hoxe reconvertida en mirador. Nun segundo nivel, hai un aterrazamento cara ao noreste por onde se accede o mirador, rodeado por un parapeto moi tenue, e outros dous máis en niveis inferiores e consecutivos cara ao suroeste e oeste. Na parte norte apareceu unha posible terraza de cultivo.
Dende o mirador hai unhas vistas moi fermosas da ría de Pontevedra e o val do Lérez. No mesmo mirador, á esquerda dun panel informativo, parece apreciarse o resto do petróglifo dun laberinto moi erosionado, case imperceptible.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● N.S.P. 25/02/1997 Concello de Cotobade, Xacementos Arqueolóxicos. Yacimiento 34
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
● Manuel Reboredo Tajes “A Cultura Castrexa nos vales dos ríos Lerez-Almofrei e Verdugo-Oitaven, Tese de Doutoramenteo” Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. pax. 304
● Manuel Santos Estevez, “Catalogación dos xacementeos arqueolóxicos do Concello de Cotobade” Publicación do Departamento de Historia I, Facultade de Xeografía e Historía, Universidade de Santiago de Compostela. 1998. páx. 235
● César Parcero Oubiña and Isabel Cobas Fernández, “Iron Age Archaeology of the Northwest Iberian Peninsula” Journal of Interdisciplinarie Celtic studies. Vol VI the Celts in the iberian peninsula. pax. 14.
http://www4.uwm.edu/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_1/parcero-cobas_6_1.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4911817384009Lonxitude: -8.540335178549867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Estevo says:
Xul 31, 2012
Cómpre retirar ‘Pontevedra’ da información sobre o concello