Outra fotografía:

Tipo de ben: Fábrica, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Bueu
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: Avenida de Montero Ríos, s/n
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O Museo Massó xurde do ánimo coleccionista de Gaspar e José María Massó, industruais conserveiros de orixe catalá que tiveron a súa fábrica en Bueu. O seu vencello co mar levounos a atesourar unha importante colección de obxectos e documentos relacionados coa navegación: dende libros e manuscritos antigos a instrumentos de marear. En 1928, o físico e inventor Guillermo Marconi visita a colección en Bueu e anima aos Massó a formar con ela un Museo, que acabará sendo instalado nun salón dun dos edificios da antiga factoría en 1932. Nos anos sucesivos, a colección privada irase enriquecendo con novos obxectos relacionados coa industria da salga, a conserva e a caza da balea, a carpintería de ribeira, as artes de pesca e outros oficios do mar, ademais dalgunhas embarcacións tradicionais.

Nos anos 90, a crise da industria conservería condenou a fábrica ao peche. Foi entón cando a Xunta de Galicia asumíu en 1992 a compra da colección Massó, xunto con parte do edificio da antiga fábrica para a súa rehabilitación como Museo, respectando a intención dos propietarios de que a colección ficase en Bueu. Tras as obras de rehabilitación do edificio, o novo museo público foi creado mediante o Decreto 238/2002 de 4 de xullo, pasando a súa xestión á Consellería de Cultura e a súa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

O edificio do Museo ocupa unha pequena parte do que foi a antiga fáfbrica de conservas, hoxe desaparecida. No edificio central, de dous andares, estaba a propia colección e os comedores da fábrica. Noutros espazos anexos, de titularidade municipal, pero cedidos ao Museo, estaban tamén as atadeiras das redes, o economato, e a enfermería. A fachada do edificio, en perpiaño regular, sobria e sen pretensións, responde aos criterios da arquitectura modernista-funcionalista, e foi construída entre 1926 3e 1938. Organízase en dous andares, con grandes fiestras rectangulares distribuídas por grupos simétricamente aos dous lados do eixo central, presidido por un balcón. Sobre a cornisa, e como única decoración, o nome da fábrica MASSÓ se esculpe nun relevo en pedra, con tipos característicos da “art decó”. Nun dos edificios anexos, de feitura máis acorde coa arquitectura tradicional, a fachada decórase con dous grandes relevos de emabrcacións históricas.

No interior, a colección distribúese en tres sás. Na planta baixa, a primeira ofrece ejemplos de embarcacións tradicionais e a evolución da industria de transformación do peixe, con maquinaria das antigas instalacións da fábrica. A segunda sá amosa diferentes artes de pesca, sobre todo as relaciondas coa caza da balea. A gran sá do piso superior está adicada á historia da navegación, e expón a colección histórica dos Massó, libros de xeografía (entre eles algúns valiosos incunábeis), cartas, documentos, gravados, maquetas e instrumentos de marear. Outra das pezas que merece a pena destacar son os murais de Urbano Lugrís.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.326942900995576
Lonxitude: -8.7850821018219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84