Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Rúa de San Miguel dos Agros.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

As orixes deste tempo hai que remontalas á época do arcebispo Xelmírez, quen promoveu a reconstrución dunha igrexa que fora arrasada durante a azeifa de Almanzor un século antes. Porén, a igrexa primitiva, coma outras na mesma época, foi renovada na segunda metade do século XVIII, conforme aos cánones do estilo neoclásico, e con proxecto do arquitecto Melchor de Prado Mariño.

Tal e como soe ser común noutros templos compostelanos deste arquitecto, a fachada organízase como un templo clásico. Catro grandes pilastras adosadas ao muro enmarcan, dúas por cada lado, a porta, de cun arco alintelado cuberto por unha cornixa voada que se sostén sonbre dúas ménsulas. Sobre a cornixa ábrese un óculo circular. As pilastras aséntanse sobre un apmlo zócalo, e contan con fuste acanalado e capiteis xónicos. O entaboamento ten o friso liso, sen decoración escultórica, ao igual que o frontón triangular que coroa a fachada. A cada lado, érguense dúas torriñas xemelgas para as campás, con dous corpos superpostos, o primeiro con vans rectangulares enmarcados por pilastriñas, e o segundo de planta circular, coroado por unha cupuliña, e con vans semicirculares.

No interior, a igrexa divídese en tres naves, separadas por pilares de base cadradas. As cubertas son bóvedas de aresta, tanto nas naves laterais coma na central, decorada con pinturas no presbiterio. Tamén se conserva no interior unha antiga capela en honra á Nosa Señora e San Xerome, cuberta cunha bóveda de crucería estrelada, tardogótica de finais do XV.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:

O retablo maior é neoclásico de finais do século XVIII.Está feito de madeira pintada para dar apariencia de bronce e mármore veteada. Consta de dous corpos, o inferior con columnas corintias que sustenta un frontón curvo que se creba para acoller nunha fornela ao arcanxo San Miguel.

Destaca tamén o paso procesional do Nazareno tallado por Manuel de Prado, irmán do arquitecto do templo, a principios do século XIX. Ademais consérvase na nave pinturas murais que representan episodios do Antigo Testamento.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.882019815561314
Lonxitude: -8.543050289154053
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84