Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (San Estevo)
Lugar: Airavella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Trisquel labrado en pedra de granito e enmarcado nun cubo que se atopa nun dos ángulos exteriores dunha palleira da aldea de Airavella.
Datable na Idade do Ferro (-800 a 0), é unha das tipoloxías arquitectónicas de carácter ornamental de máis valor da cultura castrexa.
O trisquel, unha forma esvástica de tres raios en movemento, pode ser testemuña da adoración dos astros (sol, estrelas…) que cultivaban os pobos que habitaron Galicia naquela altura histórica. Tamén é posíbel relacionalos cos cultos heliolátricos, algo moi común en todas as culturas prerromanas, e mesmo coa representación do día e da noite, en función de se a dirección dos raios fose dextroxira ou sinistroxira.
Os trisqueis de Sta Trega (Pontevedra) ou o de Castromao (Ourense), xunto con este de Allariz, formaban parte da ornamentación habitacional castrexa xunto con tetrasqueis, hexasqueis, espirais, cruces, circos concéntricos, rosetas…
Nos castros romanizados foron atopados trisqueis tronzados e mesmo reutilizados nos muros e nas calzadas dos recintos fortificados.
(Foto: Benxamin Blanco)
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32001ACH
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.allariz.com/recursos/catalogo_arqueoloxia.pdf
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.17464537484457Lonxitude: -7.770010828971863
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84