Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Rúa de San Francisco s/n
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A facultade de Medicina da Universidade de Santiago foi creada como institución en 1648, e estivera instalada, na maior parte da súa historia, no Colexio de Fonseca, e directamente vencellada á existencia do Hospital Real, hoxe Hostal dos Reis Católicos. Cando a comenzos do século XX, se inicia o proxecto dunha nova facultade, escóllese o emprazamento máis próximo ao Hospital Real, para o cal había que librar os terreos, ocupados por varias construcións e vivendas. A construción débese ao pulo e apoio que entre outros exerceron políticos coma Eugenio Montero Ríos.
As trazas do edificio son obra do arquitecto Fernando Arbós e Tremanti, de remotas orixes italianas, que entregara o seu proxecto en 1905. O estilo que adopta é o do eclecticismo historicista, con moitos elementos neoclásicos. As obras comezaron en 1910 e non rematarán ata 1928 .
O edificio plantéase como unha gran fachada clasicista cara á Rúa San Francisco, que oculta o desenvolvemento posterior do edificio nunca serie de galerías de grandes fiestras acristaladas que dotan de luz aos diferentes pavillóns. A fachada, en perpiaño regular, ten dous andares e organízase de maneira simétrica cun corpo avanzado no centro e outros dous nos extremos, enmarcados por pilastras xigantes asentadas sobre plintos e con capiteis cadrados. O corpo central, remarcado por unha escalinata de acceso, adopta un esquema tripartito, coa porta central, enmarcada por un pórtico de dúas columnas de fuste liso e capitel xónico, que sosteñen un entaboamento liso e un frontón triangular decorado cun tondo e motivos florais no tímpano. No segundo andar superpóñense outras dúas columnas de fuste liso, pero desta vez con capitel composto. Sobre o entaboamento, érguese un dobre frontón triangular, un sobreposto ao outro, cun relevo no tímpano alusivo á profesión médica, no que varios individuos ataviados con turbante se esforzan en aliviar os pesares dunha doente. Completan a decoración do frontón acróteras en forma de palmeta e floróns, e na cumeira, dúas figuras de nenos que sosteñen un escudo de España. Nas alas da fachada ábrense fiestras decoradas con frontóns triangulares, e sobre a cornixa alta, un amplo friso decorado cunha grilanda en relevo, xunto coas mesmas acróteras en forma de palmeta.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88252492284642
Lonxitude: -8.545582294464111
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84