Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Luaña (San Xulián)
Lugar: Vioxo de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Está o cruceiro no antigo camiño sacramental de Vioxo de Abaixo á Igrexa parroquial, ao lado dun lavadoiro de recente construción e moi cerca do rego dos Muiños. Este é un dos cruceiros máis antigos de Brión e un dos primeiros de entre os de capela. É unha magnífica obra de arte que malia a estar erosionado a parte escultórica aínda se pode apreciar en toda a súa totalidade. Levántase sobre unha tripla grada na que se alza un breve varal de sección cadrada na que se pode ver un baixorelevo dun bispo mitrado. Clodio González sinala no seu libro sobre a historia e cultura de Brión que pode ser con seguridade San Martiño de Tours, santo de moita devoción por toda a zona en tempos pasados. O bispo abenzoa coa man dereita e sostén un báculo coa esquerda. A figura está enmarcada nunha especie de fornela. Tamén podemos ver nos remates do varal o que parecen ser unhas cunchas de vieiras nas esquinas. Sobre o capitel aséntase a capeliña formada por tres pedras labradas con figuras. Na da dereita aséntase San Francisco de Asís amosando os estigmas, na do fondo está unha figura portando unha cruz ao lombo que pode pertencer a representación de San Diego de Alcalá, santo da mesma orde que os das outras pedras da capela. Fora canonizado en 1588 e tiña moitos devotos. Na da esquerda está San Antonio de Padua co neno no colo. A pedra da cuberta imita un tellado a tres augas e polo interior ten arcos cruzados e no medio deles un adorno circular. No fronte ten unha portada con pequenas columnas con capiteis e un arco. Enriba pódese ler as iniciais IHS, Iesus Hominun Salvator, cunha pequena cruz sobre o H. Remata cunha cruz onde se ve a cristo crucificado pola fronte e por detrás a Virxe das Angustias co Fillo morto no colo, detalle este que parece ser extraordinariamente raro dentro da tradición dos cruceiros.Foi construído a mediados do século XVII.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998
ISBN 84-89129-09-6 (páxina 298)
González Pérez, Clodio. “Os cruceiros de capela:III. Concello de Brión”,Cuadernos de Estudios Gallegos, 1995, p.472 ss.
Un estudio de Clodio Gónzalez sobre os cruceiros de capela de Rianxo onde aparece citado este cruceiro
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/185/188 (páxina 368)
ficha na Web do PXOM de Brión
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA017.pdf (páxina 33 de 39)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Cando se mira detidamente, e de certa distancia pódese apreciar que está lixeiramente inclinado cara un lado. Dá certa imaxe de inestabilidade.
Onde está localizado
Latitude: 42.8474012739Lonxitude: -8.74340057373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84