Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Praciza de San Fiz, s/n
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

As orixes lexendarias deste templo relaciónano co oratorio onde o eremita Paio levaba unha vida de retiro e oración, cando, alá polo 813, unhas luminarias que considerou milagrosas indicáronlle a ubicación da tumba do apóstolo Santiago. A primeira igrexa, da época do bispo Sisando, foi destruída na azeifa de Almanzor, no 997, e máis tarde reconstruída polo arcebispo Xelmírez, no ano 1122, en estilo Románico.

Da fábrica románica non queda a penas nada. A portada conta cun arco de medio punto con dobre arquivolta decorada con lóbulos de ferradura, e unha chambrana de botóns engarzados con entrelazos. Apoiase en dous pares de finas columnas nos derrames, con basa sobre zócalo, fuste liso e capiteis pseudocorintios, con cimacio decorado con rosetas e grecas en zigue-zague. O tímpano, de estilo gótico, data de 1316 segundo consta na inscrición do lintel, e é obra do mestre F.París. Representa a Epifanía, coa Virxe no centro e o neno no colo, e á súa dereita os tres magos, un deles axeonllado e ofrecendo ao Neno un regalo. Ao outro lado aparecen San Xosé sentado sobre un escano e apoiado nun caxato, e outra figura axeonllada en actitude reverente, identificada como Xoan de Ben, o mecenas da obra.

No século XVII, a igrexa sufriu unha fonda remodelación da man do mestre Simón Rodríguez, prolongándose a nave central e engadindo dúas laterais, separadas con pilares. A nave central ten cuberta de madeira, mentres que as laterais e o presbiterio cúbrense de bóveda de aresta en tramos separados por arcos faixóns que descansan en ménsulas á altura da imposta. Tamén se construíu unha pequena torre de sinos no alto do pincho da fachada, erguida sobre unha pequena base cadrada, á que se lle suma un corpo con catro vans, decorados con placas que van aumentando o seu grosor ata soster unha cornisa voada, de xeito que a parte alta da torre ten máis volume que a súa base. A torre remátase cunha cupuliña de gallóns con parellas de pináculos en forma de piña nas esquinas. Este xogo de volumes invertidos, que xoga coa idea de inestabilidade e desequilibrio, será moi imitado noutros campanarios de Compostela e de Galicia, e dará sona ao arquitecto, que tivo en San Fiz o seu primeiro encargo importante.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:

No interior destaca a tumba do cardeal Lopo González de Carballido, labrado nos primeiros anos do XVI, nun nicho no muro Norte do presbiterio.

Tamén destaca o retablo principal barroco, en madeira dourada, presidido pola imaxe central da Virxe dos Milagres.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.87938021878384
Lonxitude: -8.541537523269653
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84