
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Adina (Santa María)
Lugar: Canelas - Punta Elmo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro de Punta Elmo é unha curioso xacemento construído no alto dun acantilado. O asentamento parece estar formado por un recinto principal circular elevado sobre o terreo, construído probablemente por acumulación de terras en torno a un pequeno outeiro. Este recinto principal ten unhas medidas de 32 metros e 38 metros nos eixos N-S e E-O. No cuadrante máis achegado ao acantilado, elevase como dous metros sobre o nivel, outra pequena croa de 17,5 metros e 20 metros nos eixos N-S e E-O. Por detrás desta croa pódese descender a media altura sobre o mar ata unha rocha horizontal desde onde se pode contemplar o solpor.
Polos lados norte e noroeste parece haber tres terrazas, separadas por un foxo e un pequeno parapeto. Intúense pola inflexión do terreo. É posible que houbera máis, pero hai vivendas que rematan o castro polo norte. O desnivel da croa principal está atravesado por unha pista, posiblemente se estea aproveitando o desnivel por afeccionado ao motocross. Na croa máis elevada construíuse un monolito de cemento e cascote de pedra.
A pesar de todo, é un dos castros mellor conservados dos que hai pola zona.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36051008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● PXOM 27/02/2003 Concello de Sanxenxo, Fichas de catálogo Patrimonio Arqueológico 4.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA005.pdf (p. 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.38716975776587Lonxitude: -8.840669453165901
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84