Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Rúa Travesa, 20
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Santa María do Camiño era a primeira igrexa que atopaban os pelegríns que entraban en Compostela polo camiño francés, de aí a súa advocación. Do primeiro edificio románico non queda nada, ao ser o templo reconstruído case na súa totalidade no século XVIII.

O edificio actual data de 1770, e é obra de Miguel Ferro Caaveiro, nun estilo de transición no que se combinan os novos planteamentos neoclásicos cun tratamento dos elementos decorativos aínda debedor do barroco. A fachada organízase como un pórtico clásico: dous pares de pilastras, de fuste liso e capitel xónico, parten dende o zócalo para soster un entaboamento con frontón curvo. Porén, tanto o entaboamento coma o frontón pártense para deixar espazo a un gran óculo rodeado por dúas coroas de loureiro, sobre o que se coloca unha gran coroa real en altorrelevo. A porta, de arco alintelado, acóllese a unha cornixa voada baixo o óculo central. No alto do frontón curvo érguese o campanario, de catro vans e con pilastras nos chafráns, rematado con cupuliña e pináculos nos cantos.

O interior ten unha soa nave, cuberta con bóveda de aresta, dividida en cinco tramos por arcos faixóns que descansan en pilastras adosadas ao muro. A un lado e outro, xunto ao presbiterio, ábrense capelas laterais. No interior, xunto á entrada, consérvase un tímpano gótico policromado, datado en 1425, que representa a epifanía, resto do primitivo templo medieval. Tamén conta cun gran retablo no altar maior, obra de Manuel de Leis, realizado en 1758, e o da capela dos Condes de Amarante. Destacan a imaxe neoclásica da Inmaculada de Manuel Prado Mariño, e outras obras rococós de Bieito Silveira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88160511349277
Lonxitude: -8.540923297405243
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84