Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Brión / Rois
Parroquia: Bastavales (San Xulián), Ribasar (Rois)
Lugar: Beca. Angueira de Castro
Outra denominación do ben: Castro de Beca, Faramello ou Francos
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:

Tamén é coñecido este castro co nome de Castro de Francos, por estar cerca do lugar da parroquia de Calo, que leva ese nome e pertence ao concello de Teo. Outro nome é o de castro de Beca (Brión) e tamén do Faramello (Rois) segundo a aldea que se tome de referencia. Administrativamente atópase dividido nos concellos de Rois e Brión, pertencendo a maior parte a este último. O recinto castramentado está a uns 140 metros de altitude, sobre un monte que domina o entorno e os vales do Sar e o río Tinto. Chégase a acrópole por un camiño empedrado pola zona norte, sendo esta a única entrada ao recinto coñecido como a “Eira dos Mouros”. Vemos rodeando o recinto unha muralla que está relativamente en bo estado e que ten alturas e ancho diferentes segundo o treito que atravesa. No seu interior está unha ampla plataforma de 1,4 ha. cruzada por murallas que posiblemente pertenceran a unha fortaleza medieval que dominaría o paso por unha antiga vía que atravesaba pola Ponte de Francos sobre o río Tinto en dirección ao val da Amaía. Atribúese a este castro a lenda medieval da residencia da raína Lupa, relacionado co mito xacobeo da traslación do Apóstolo a terras de Santiago. A descrición máis antiga que se coñece é a de M. Castellá Ferrer en 1610 (segundo nos apunta Clodio González Pérez no seu libro da historia e cultura de Brión): “Residía lupa en un castillo, y Fortaleza suya, rodeado de gruesa murallas, que aun tiene doce piez de ancho en algunas partes, dentro de la qual ay tanta capacidad, que cabe un escuadrón de quatro mil hombres, y más: aun ay oy día grandes pedaços della, en partes tiene altor de una pica (q. quiera Dios conservar estas memorias para honor de su Apóstol). Tenía el Castillo en medio desta plaça, cuyos cimientos se ven ora, y desde la entrada de la primera muralla se yva a el por una calle estrecha de ocho pies de ancho, hecha de uno, y otro lado con gruessa muralla..”
Como sucede en moitas acrópoles houbo aquí unha parroquia documentada na idade media coñecida por San Antonini de Castro que foi unha das igrexas que recibiu diego Xelmírez do seu irmán Munio. Xa non existía no século XVII, pois en 1635 o visitador diocesano ordenou a súa destrución por estar en estado ruinoso, e que se puxera unha cruz no seu lugar.
Fernando Acuña Castroviejo e Milagros Cavada realizaron a escavación máis documentada que se coñece. Atopáronse nel gravados esculturas cerámicas e moedas, e afirman que dentro da eira dos mouros hai restos de muros, entre os que destacan os dunha construción rectangular de case setenta metros de longo por uns corenta de ancho. Destacan tamén entre os achados unha talla de cabeza humana que estivo no museo das peregrinacións en Santiago de Compostela, agora en paradoiro descoñecido, segundo afirma Francisco Calo Lourido no seu libro “A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa” .


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15074002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998 ISBN 84-89129-09-6
(pax 39 e ss.)
Acuña Castroviejp, Fernando: Noticias arqueológico-numismáticas del Castro Lupario (Rois-Brión, La Coruña). En: Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela, 1971, Instituto Padre Sarmiento
F.Fita e A. Fernández Guerra, Madrid 1880. Recuerdos de un viaje a Santiago de Galicia
Historia del Apóstol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo Padrón y Capitán general de las Españas
madrid, 1610,fos.129v-130r.
Webs
PXOM Rois:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349PB006.jpg
PXOM Brión:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA002.pdf
(páxina 9 de 24)
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
(páxina 6)
Outros enlaces sobre:
Gravuras en : http://www.csarmento.uminho.pt/docs/ndat/rg/RGVE1999_042.pdf (pax. 2)
Lenda da Raiña: Lupa en “Mouros, Animas y Demonios” de Mar linares García, (páxina 57 e ss.)
www.terrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=324&idNoticia=495166


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8140796376
Lonxitude: -8.63144516945
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84