Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Rois
Parroquia: Oín (Santa María)
Lugar: Oín - O Dices
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O pazo de Antequeira atópase no Concello de Rois, a carón estrada que une Padrón e Noia. Ten unha gran extensión de terreo adicada a cultivos na parte traseira e na frontal conta cun pequeno xardín.
Na entrada principal hai unha fermosa escaleira de pedra que permite o acceso á parte superior do pazo, onde se atopan tres ventanais e sobre o central unha balaustrada cun escudo nobiliario.
A carón do pazo está a capela de San Xoán Nepomuceno dunha soa nave abovedada e apoiada en contrafortes. Na portada atópanse dous escudos colocados en vertical cunha pequena fiestra no medio. O inferior representa unha imaxe adicada o santo e a superior o escudo nobiliario cunha pequena campana baixo o mesmo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.761050614723985Lonxitude: -8.691816329956055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Xuñ 9, 2012
Páxina do Pxom de Rois que recollen o Ben
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA004.pdf (pp.1 de 1)
Outra páxina dos Bens proviciais:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA007.pdf
(7-10)
elixiovieites says:
Xan 22, 2013
Como información complementaria
Os Bens de Rois no pxom do concello http://xurl.es/0kv32
funciona con Google Chrome e Internet Explorer.(en explorer hai que volver atrás na páxina da dirección inicial despois de cada pdf ,pois dinos que non ten acceso, solucionase retornando unha páxina para atrás e volvese a ver o listado de pdfs)