Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Pedro da Ponte do porto
Lugar: Igrexa-Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e un pedestal cuadrangular feita de varias pezas. No pedestal polo lado anverso da cruz, ten unha figura dunha caveira coas tibias en X. O varal é octogonal comenzando en cadrado. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. O ábaco de lados curvos e vértices achafranados, ten volutas, querubíns e grilanda de frores. A súa cruz é octogonal con remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza está anoado á esquerda. O carón das pernas de Cristo fica San Francisco nunha actitude de rogo. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e uns anxos coroándoa. O cruceiro é todo de granito e está bastante erosionado polo que ten un mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.
– http://www.camarinas.net/pxom/PXOM_CAMARINHAS.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.137535592271604
Lonxitude: -9.1147980093956
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84