Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Pontevedra / Soutomaior
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María) - Arcade (Santiago)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:

Aínda que a ponte ten orixes romanas, a súa fábrica é medieval. Salva o río Verdugo na súa desembocadura, comunicando as vilas de Ponte Sampaio, en Pontevedra, e Arcade, en Soutomaior.

Conta con 10 arcadas e está protexido con tallamares polas dúas bandas. Os peregrinos que fan o camiño portugués teñen que atravesalo na súa viaxe cara Santiago.

Foi o escenario da batalla de Pontesampaio entre unha coalición de tropas hispano-galegas e as francesas de Napoleón comandadas polo Mariscal Ney. Os combates sucedéronse entre os días 7 e 9 de xuño de 1809.

A heroica resistencia dos galegos impediu que as tropas francesas puidesen franquear o río e seguir na súa ocupación do territorio. Despois tiveron que retirarse e foi o fin da presenza francesa en Galicia tras cinco meses de ocupación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Puentesampayo
http://turismogalicia.blogspot.com.es/2007/08/ponte-romano-de-sampaio-pontevedra.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Aínda ten permitido o tránsito de vehículos.


Onde está localizado

Latitude: 42.3458419801
Lonxitude: -8.60686540604
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84