
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Covelo
Parroquia: Covelo (Santa Mariña)
Lugar: Santa Cruz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O cruceiro das ánimas conta cunhas curiosas figuras no seu varal que representan a salvación das mesmas. Na parte inferior atópanse as condeadas e sobre as mesmas nunha pequena barca a representación das que conseguen a súa salvación con Xesús cunha túnica recibíndoas.
Na parte superior atópanse no capitel figuras de anxos e unha caveira sobre a escea da crucifixión de Cristo. Tamén un anxo aparece a carón portando o Santo Grial.
Segundo se pode ver nun gravado no baseamento. A orixe do cruceiro podería ser do ano 1829
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.22714693524674Lonxitude: -8.373674154281616
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Xose Troiano says:
Xuñ 10, 2012
Por lei tódolos cruceiros de máis de cen anos son considerados Ben de Interese Cultural.
“O decreto 571/1963 refírese os escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos da xustiza, cruceiros e pezas similares de interés histórico-artístico de máis de 100 anos”.
Oscar Franco says:
Feb 9, 2015
Na súa base se pode ler a seguinte inscrición:
“EL ILMO SR. DN. FRANco GARZ CASARUBIOS Y MELGAR OBº
DE TUY CONCEDIO 40 DIAS DE YNDULGa A TODOS LOS
FIELES Qu DEVOTAMte REZA (-) REN UN CREDO DELANTE DE
ESTE SSMa. Y ROGAREN POR LA PAZ Y CONCORDIA UU.
AÑOS DE 1829”
E engado a seguinte referencia bibliográfica:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998