Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Desde tempos remotos Ourense é capital da súa diocese, e xa a partir do século VI se coñece o nome dalgúns dos seus bispos. Durante o reino suevo tivo un especial protagonismo, e construíuse unha primeira catedral que “estivo edificada no lugar que hoxe ocupa a igrexa de Santa María Nai”. Daquela época nada conserva o edificio actual, só quedan os capiteis e columnas de mármore do país reutilizados na fachada barroca da citada igrexa, quizais procedentes da primitiva construción.

A invasión musulmana supuxo para Ourense un grave episodio que non foi superado ata a repoboación efectuada por Afonso III arredor do ano 900. Non transcorrera un século cando novas incursións, agora por parte dos normandos e do caudillo musulmán Almanzor, arrasaron a cidade. No derradeiro cuarto do século XI o bispo Eredonio construíu e dedicou un templo a Santa María Nai que debeu facer o oficio de catedral ata que se consagrou a actual, pois as súas reducidas dimensións impedían satisfacer as esixencias de culto impostas pola prosperidade de Ourense no século XII. Non obstante, esa prosperidade é máis unha intuición ca unha evidencia documental, pois as continúas devastacións que ó longo dos séculos sufriu a cidade de Ourense e a súa catedral provocaron perdas importantísimas no arquivo da Igrexa.

A carencia de noticias documentais explica que sexan diversas as opinións sobre a data de construción da catedral, e aínda que as diferenzas non son de moitos anos, si son relevantes. O único dato seguro é a acta de consagración do altar maior. Data da segunda metade do século XII e primeira do XIII sendo consagrado o seu altar maior en 1188.

A Catedral de San Martiño é a manifestación artística mais importante de Ourense, e está considerada como un dos grandes templos románicos de España.A planta románica da Catedral, comezada en 1157, con D. Pedro Seguín, é de clara influencia compostelán, enriquecida con novas ideas. A obra foi continuada polo bispo D. Afonso (1174 – 1169), que consagrou o altar maior en 1188, estando presentes os arcebispos de Braga, Lugo e Tui, como convidados, e coas reliquias de San Martiño, traídas de Tours, a pedido do rei D. Fernando II. Foi concluída por D. Lourenzo (1218-1248), a quen se atribúe o Pórtico do Paraíso, réplica do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela do mestre Mateo.

O exterior do templo, de planta románica, está rodeado de edificacións recentes que impiden a lectura completa do edificio pelo exterior: na parte norte, a pesada torre sineira, obra de Pedro de Arén, e as capelas de San Xoán e do Santo Cristo; pola parte leste, o deambulatorio e a sacristía e pola parte sur, o claustro novo, a sala capitular, a secretaría e a biblioteca do cabildo.

Presenta unha planta de cruz latina, con tres naves, rematando a cabeceira cunha gran ábsida. Arredor ten cinco capelas e o cruceiro está cuberto por un monumental ciborio.

Tal como podemos comprobar, despois das restauracións do edificio, este foi concibido como fortaleza defensiva, tal como moitos edificios relixiosos da altura, rematando os seus muros en torres e almeas, na súa maioría suprimidas no século XV. Foi escenario de loitas, de triste fama entre os condes de Lemos e de Benavente, así como de levantamentos populares contra o poder feudal dos bispos.

Até o século XIII era un templo coa cabeceira rematada en tres ousías semicirculares. Da obra primitiva hoxe apenas se conservan, no exterior, tres portas, con moitas intervencións. A súa primitiva estrutura románica viuse enriquecida con novas manifestacións artísticas ata os nosos días. Ó longo da historia feudal da cidade foi convertida en fortaleza en numerosas ocasións.

Foi declarada monumento nacional o 3 de xuño de 1931 e ten honores de basílica dende o ano 1887.

Os elementos engadidos con posterioridade que non desfiguran a súa fundamental unidade, constitúen unha variada mostra dos diferentes estilos de épocas sucesivas:
románico, gótico, renacentista, barroco, neoclásico e actual.

Na catedral tamén se atopa o Museo Catedralicio de Ourense no que se custodia o Tesouro de San Rosendo. Entre as pezas que o compoñen destaca o chamado Báculo de San Rosendo.

Exterior da Catedral

Podemos dicir, que o seu estilo é intermedio, entre o románico e o gótico, chamado “protogótico”.

Porta Principal (Occidental)
Acédese por unhas escaleiras de recente construción, que saen da Praza de San Martiño, deseñadas por Palacios primeiro e despois por Pons Soraya.
Componse de dous corpos, acompañados por dous grosos contrafortes e flanqueados por dúas torres: a dos sinos (ou sineira), de orixe románica, con traballos barrocos, e a de San Martiño.
No corpo inferior abriranse tres ocos, no século XIII, reformados no século XVIII. No segundo corpo, unha roseta de rica traza, ilumina o Pórtico do Paraíso.
O carácter protogótico desta porta manifestase na altura do arco do oco central, lixeiramente apuntado, na decoración das arquivoltas e no rosetón.

Porta sur
Acédese pola Praza do Trigo, unha das prazas mais antigas de Ourense, do século XIV.
Este portal foi encargado ao mestre Mateo, de Santiago de Compostela, con grande influencia en toda a Galiza nesta arte.
Está integrado por un oco e o tímpano non ten decoración.
Esta porta está incompleta, xa que lle faltan os primitivos fustes. Ten tripla arquivolta e estas están decoradas con ricos motivos.

Porta norte
Acédese a esta porta pola rúa de Lepanto.
Primitivamente románica, aínda que as columnas de fuste nos fale de vestixios anteriores.
O tímpano ten un tema alusivo á Paixón, proveniente de unha reforma do século XIII, pertencente ao gótico final.
Nas dúas esculturas encostadas, unha de cada lado, destaca o tratamento dos pregos das vestiduras das dúas figuras e a perfección anatómica das cabezas.
As arquivoltas ten temas ou motivos vexetais e animais.

Interior da Catedral

O Pórtico do Paraíso
É unha das biblias en granito, unha páxina escrita posta diante do visitante, turista, investigador, curioso ou peregrino, dado que a arte medieval é un símbolo con unha finalidade doutrinal, e non só estética.

Pretende ser unha réplica do Pórtico da Glória da Catedral de Santiago de Compostela, xunto con el, representan os mellores conxuntos escultóricos das catedrais galegas.
Con todo, non consegue chegar a tanto, tendo en vista a abstracción das formas. As esculturas deste Pórtico reflicten pouco as ideas do mestre Mateo.
Cando este Pórtico foi feito, entre 1218 e 1248, xa se tiña adulterado a tradición Mateísta.
A obra foi cuberta de policromía no século XVI e perdeu o tímpano das súas tres arcadas.
No século XVII colocaron no centro unha imaxe allea ao conxunto.

É unha das construcións do protogótico que se conservan en España, segundo Henrique Bande Rodríguez e Luís Fernández Rodríguez, autores da obra “Guía Histórico-Artística da cidade de Ourense”.

Retábulo da Capela maior
Coroa o templo un retablo renacentista de Cornelis de Holanda. Está decorado en alto relevo, con escenas alusivas á vida de Cristo, da Virxe e de San Martiño.

O Deambulatório
Tratase da “nave” que rodea a capela maior é obra de Simón de Monasterio e de Gómez de la Sierra, do século XVII.
Este trascoro desarticulou por completo a cabeceira do templo, obrigando a tirar as ábsidas das naves laterais. Ao longo do trascoro podemos ver as capelas de San Pablo ou de Armada, de Santa Isabel ou de Arroxo, da Concepción, da Resurección , da Asunción e a do Cristo dos Desamparados, iconografía de finais do século XII.

Capela do Santo Cristo
Foi construída entre 1565 e 1578, cando era bispo D. Fernando Tricio de Arenzana. Ten dous corpos: o primeiro, cuberto con bóbeda de cruceiro, foi feito polo arquitecto Juan de Herrera e o segundo, obra de Diego de Arén, datando de 1685.

O baldaquino que cobre o retablo, onde se venera a imaxe do Santísimo Cristo, é obra de Domingo de Andrade e a decoración é de Castro Canseco.
A imaxe do Santísimo Cristo foi traída de Fisterra pelo bispo Pérez de Mariño,en 1332.

Das distintas capelas que ten a catedral, a máis importante é a do Santo Cristo, cunha imaxe moi venerada na cidade á que, segundo contan, médralle o pelo.

Exterior e Interior da Catedral

Ciborio
Destaca o airoso ciborio sobre o cruceiro, que construído no século XV por Rodrigo Badajoz, con tres corpos e profusamente adornados de esculturas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: (R.I.) - 51 - 0000771 - 00000
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fotos web:
Catedral Ourense

Portico de la Gloria Catedral OURENSE

Catedral Ourense

Catedral de Ourense

IMG_4146 CATEDRAL DE OURENSE

Catedral de Ourense

Catedral de Ourense

Capilla del Santo Cristo - Catedral de Orense...

Capilla del Santo Cristo de Orense

catedral de ourense

Luz divina / Holly light

Enlaces web:
http://andanhos.blogs.sapo.pt/tag/ourense+-+monumentos

http://www.obispadodeourense.com/

Visita 3d: http://viewat.org/?i=es&id_pn=6688&sec=pn


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33642
Lonxitude: -7.862982
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84