Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: A Picoña (San Martiño)
Lugar: O Carballal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O peto de ánimas do Carballal atópase acaroado á parede dunha casa cuberto por unha reixa, non como soe pasar habitualmente nos petos que teñen estrutura propia nos camiños e encrucilladas.
Componse de tres partes: na de abaixo aparecen dúas pequenas caras en dous buratos, sobre as que hai tres figuras de mulleres, portando a do medio unha coroa, quizais simbolizando a unha personalidade da realeza, cousa excepcional e única nos petos galegos. Na parte de arriba outra figura parece levar unha pequena coroa, malia que co desgaste non se distingue moi ben. Por último, unha pequena cruz latina.
Conserva restos de policromía, aínda que moi desgastados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA005.pdf (p. 15)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.12589394439607Lonxitude: -8.564853966236115
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xuñ 8, 2015
Engado a seguinte referencia bibliográfica sobre este peto:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998