Mosteiro do Bom Jesus de Trandeiras
Catalogouno Ulmo de Arxila o Xuñ 19, 2011 • 8:45 a.m. • 9 CommentsOutra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: Pena, A (San Pedro)
Lugar: Trandeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Mosteiro fundado em 1520 polo prior do convento de Junqueira de Ambia, dom Alonso de Piña, e habitado polos franciscanos. Foi destruído em 1809 polos franceses, e com a exclaustraçom produziu-se o seu abandono definitivo. Do ponto de vista artístico, combina elementos renascentistas com pervivências góticas adscrivíveis ao estilo “isabelino” castelhano e “manuelino” português. A igreja conserva-se em bom estado e ainda se utiliza para a celebraçom do culto, mais o resto da construçom encontra-se num total estado de abandono.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Umha lenda conta que uns cavaleiros portugueses topárom umha imagem do Neno Jesus no lugar, razom pola qual decidiram construir ali umha capela que acabou por se converter no mosteiro do Bom Jesus.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Couceiro Freijomil, Antonio (1938): “Origen, fundación y primeros tiempos del Monasterio del Buen Jesús de Trandeiras”, Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, T. XI, nº 242; pp. 503-511.
Conde Valvís, Francisco (1962): “El convento del Buen Xesús de La Limia”, Cuadernos de Estudios Gallegos, T. 17; pp. 358-373.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.10209400882346Lonxitude: -7.659541368484497
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
9 comentarios
elixiovieites says:
Xul 2, 2013
Información aportada pola catalogadora María Villamarín:
O convento foi fundado no ano 1520 polo prior de Xunqueira de Ambía Don Alonso de Piña, promotor e mecenas de numerosas empresas artísticas do século XVI. No año 1523 estableceronse alí os franciscanos. O monumento relixioso mantén en pé o edificio reservado a igrexa, o claustro está en completo abandono. Ten elementos e formas do primeiro renacimento, aínda que tamén conserva elementos góticos postmedievais: cubricións de crucería, abundancia de decoración de grutescos e cardinas nas portadas e arquerías (ten paralelismos cas formas empregadas polo estilo “isabelino” desenvolto en Castilla e “manuelino” en Portugal.
En tempos da Revolución Francesa foi refuxio para moitos curas e obispos franceses. En 1809, durante a Guerra da Independencia, as tropas francesas destruíron a igrexa e as súas imaxes. En 1813, outro incendio arrasaba os dormitorios, cociña, claustro e enseres dos monxes franciscanos. Ca exclaustración produciuse o abandono definitivo do convento e o inicio da súa decadencia. Despois disto foi vendido a particulares que empregaron a súas pedras para outras construcións.
Oscar Franco says:
Dec 31, 2014
Boas novas para este ben: o concello quere rehabilitalo. Noticia da prensa escrita do 31 de decembro de 2014:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/12/30/concello-xinzo-planea-rehabilitar-monasterio-do-bo-xesus-trandeiras/00031419971643574250981.htm
Oscar Franco says:
Out 29, 2015
o Concello de Xinzo insiste en reclamar fondos para rehabilitar el monasterio de Trandeiras. (Querer e non poder). Información da prensa escrita do 29 de outubro de 2015:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/xinzo-de-limia/2015/10/29/xinzo-insiste-reclamar-fondos-rehabilitar-monasterio-trandeiras/00031446068100696795412.htm
Cel says:
Set 8, 2016
En agosto de 2016, hemos visitado una vez mas, este Monasterio, desde Madrid hasta Trandeiras, porque había leído que se estaba limpiando y acondicionando el Claustro, realmente magnífico, impresionante, recomiendo a los visitantes que acudan a este lugar es para no perdérselo. El Claustro está ahora limpio, es inmenso y con una riqueza arquitectónica que te quita el hipo de lo bien conservado que está.
Animo a todos a que lo conozcan y puedan admirar algo tan bello.
Oscar Franco says:
Mai 3, 2018
A prensa escrita do 24 de abril de 2018 recolle a nova do roubo na igrexa do mosteiro:
http://www.laregion.es/articulo/a-limia/ladrones-roban-limosnas-otra-iglesia-limia/20180424081207787754.html
http://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/ladrons-igrexas-entran-trandeiras/20180424155436012459.html
Oscar Franco says:
Mai 19, 2022
O Concello de Xinzo de Limia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil actuarán para evitar os riscos de derrubes no Mosteiro de Trandeiras.
A nova é do 18 de maio de 2022:
http://www.xinzodelimia.gal/articulo/concello/concello-confederacion-elevan-ata-case-millon-euros-inversion-trandeiras-consolidar-mosteiro-construir-centro-interpretacion/20220518210746005871.html
Oscar Franco says:
Nov 26, 2022
A prensa dixital do mes de santos de 2022 recolle a licitación para a recuperación e consolidación deste ben:
https://www.laregion.es/articulo/a-limia/fase-licitacion-obra-consolidacion-trandeiras/202211231717151178158.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/11/24/invierten-700000-euros-primera-fase-recuperacion-monasterio-trandeiras/0003_202211O24C5993.htm
https://www.ourensedixital.com/_novas/22/11/23_03.htm
https://www.creandotuprovincia.es/obras-de-reconstruccion-del-monasterio-de-bon-xesus-de-trandeiras.htm
Engado tamén as seguintes referencias web:
https://listaroja.hispanianostra.org/ficha/monasterio_del_bon_xesus_de_trandeiras/
http://www.altalimia.org/pdf/090191.pdf
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/trandeiras/
Oscar Franco says:
Feb 28, 2023
Ao fio do comentario anterior, a prensa dixital de finais de febreiro de 2023 recolle a nova do comezo das obras de recuperación deste mosteiro:
https://www.laregion.es/articulo/a-limia/arrancan-obras-monasterio-trandeiras/202302231706551201201.html
https://www.farodevigo.es/ourense/2023/02/24/arranca-reconstruccion-monasterio-trandeiras-83612934.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/xinzo-de-limia/2023/02/24/comenzaron-obras-sacar-olvido-monasterio-bon-xesus-trandeiras-xinzo/0003_202302O24C5993.htm
https://ourensenarede.com/inician-obras-monasterio-trandeiras/
Oscar Franco says:
Mai 28, 2023
Novos achádegos nos traballos de recuperación e consolidación que se están a levar a cabpp neste ben. A nova é do 26 de abril do 2023:
https://www.laregion.es/articulo/a-limia/pavimento-trandeiras-ve-luz-gracias-obras-consolidacion/202304251753411215285.html