
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Meaño
Parroquia: Santa María de Simes
Lugar: Estrada de Dorrón-Armenteira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Mámoa de grandes dimensións duns 20 m aproximadamente de diámetro e unha elevación de 2 m sobre o terreo. No cumio do túmulo apreciase un cono de violación polo afundimento do terreo. A nivel superficial poden verse moitas pedras de tamaño pequeno (dun palmo) que cubrirían a coiraza da mámoa. No se ve ningunha das grandes pedras que formarían a cámara.
O lugar esta cuberto de maleza e eucaliptos pero foi limpado recentemente de maleza remexendo algunha pedra da cuberta, polo que agora é posible apreciar o montículo que forma sobre o terreo. A mámoa está pegada a un cortalumes.
O sitio é doado de atopar. Ao subir pola estrada que vai dende Dorrón a Armenteira, hai que pasar un mirador sobre a ría de Pontevedra que se recoñece pola portada románica dunha antiga ermita. Ao pasala, séguese ata un souto de castiñeiros a man esquerda. Alí hai unha pista que se mete a carón do souto. Uns cinco metros adentro e mirando á dereita en dirección a un poste de alta tensión vese a mámoa.
Hai outra mámoa subindo ao outeiro próximo por detrás do soto de castiñeiros, pero a maleza impide atopala.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36027002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● P.X.O.M. 28/12/1999 Concello de Meaño. Fichas dos elementos Arqueolóxicos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEANO/documents/0819CA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está moi próxima senón enriba mesmo dun cortalumes polo que a maquina de desbrozado podería danala nun futuro. Non está señalizada polo que ninguén a coñece ou a distingue.
Onde está localizado
Latitude: 42.4328369557321Lonxitude: -8.751833751803133
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84