Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Cospindo (San Tirso)
Lugar: Ponteceso - Avenida Eduardo Pondal, 48
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo de crucifixo con plataforma dun chanzo e pedestal con inscricións, ambos cadrangulares. O varal é octogonal, comezando e rematando en cadrado. O capitel é cadrangular moldurado e con cabezas de anxo con ás. A súa cruz, cadrangular, cos brazos achafranados e cabezas de anxo con ás, símbolo Mariano, e unha cruz nos remates. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita sen coroa e unha cartela coas siglas INRI. Entre a cartela e a cabeza de Cristo fica a faciana do Pai. O pano de pureza lévao atado con dobre nó. Tamén están a Virxe e San Xoán a cada lado das pernas de Cristo. Polo reverso da cruz presenta a Piedade co Cristo nos brazos. Ten a imaxe do Espírito Santo sobre a cabeza da Piedade.

O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF (Páx.33).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2424751603
Lonxitude: -8.90157043934
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84