Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ponteceso
Parroquia: San Tirso de Cospindo
Lugar: Casa de Pondal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A fachada do pazo é de mampostería de pedra con sillares nos vans e na cornixa, sen ningún tipo de decoración. O interior da vivenda está decorado con mobles da época, no que tamén podemos ollar manuscritos do autor sobre a súa obra, retratos da súa xuventude e madurez e ata unha foto de Alfonso XIII. No salón hai unha cheminea de estilo francés. Todo o pazo en si é moi sinxelo e moi probablemente do século XVIII. A portada é de estilo barroco feita en pedra formada por pilastras e coroada pola cornixa con pináculos. A ámbolos lados hai un balcón sostido por grandes canzorros de pedra que teñen unha baranda de madeira. Na fachada sobre a entrada hai dous brasóns coas armas que representan ós linaxes das familias, Caamaño, Moscoso, Romero e Carballido ou Anllón. Os parámentos están coa pedra á vista ó igual cos vans, esquinais e a cornixa. Cabe destacar tamén o cruceiro barroco na súa entrada do século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.24267250230822
Lonxitude: -8.901224434375763
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84