Outra fotografía:
Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Salnés (comarca) / Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Arealonga (Santa Eulalia)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Conxunto de “Casas do pincho” incluídas no catálogo do PXOM de Vilagarcía, situadas na zona do casco denominada coma O Castro. Esta zona está localizada preto da zona portuaria e constitúe o xen creador da estrutura urbana actual deste pobo. Trátase dunha área de significativas cualidades estéticas, históricas e ambientais polo que no seu día, elaborouse un Plan Especial de Protección que se mantén vixente e se especifica na ordenanza específica número 7, xunto cos núcleos orixinais de Carril e Vilaxoán, impedindo a transformación da configuración parcelaria e a súa estrutura, ó tempo que fomenta a rehabilitación e a recuperación de elementos de interese deteriorados ou arruinados. Ademais, para calquera tipo de obra, precisarase dun informe previo da Comisión de Patrimonio Histórico por estar incluídas no catálogo.
As “Casas do pincho” son unha tipoloxía da casa mariñeira tradicional, xeneralizada na costa galega dende o século XII ata entrado o século XX. Esta denominación, dada por Pedro de Llano, parece proceder dun gancho de ferro que se colocaba no muro piñón da vivenda coa misión de colgar del as redes, e así, podelas amañar mentras se secaban, e en ocasións, embrealas. En moitos casos, en lugar dun gancho, existen uns canzorros de pedra que teñen na parte superior dianteira uns canais nos que se asenta un pau ou vara, no que se extende a rede a secar. As casas do pincho caracterízanse por tratarse de vivendas localizadas entre medianeiras co penal nunha cara frontal, e cunhas dimensións de entre 3 e 6 metros.
Estas casas pertencen a unha tipoloxía da casa do pincho, denominada casa do pincho de dúas platas, modelo evolucionado do modelo de casa do pincho terrena. Este modelo chegou a ampliar o espazo baixo-cuberta, dando cabida a un amplo lugar abufardado empregado coma dormitorio, mediante a elevacións dos muros da edificación, convertíndose nun andar. Contan con unha porta e algunha ventá, na planta baixa, e varias no primer andar.
Estas casas situadas na confluencia da rúa do Cristo coa rúa do Castro e de Arcebispo Lago, posúen uns balcóns cunhas longas plataformas de cantería sobre potentes canzorros e cos peitorís de ferro, dous de varandiñas sinxelas, e o outro, de fundición artística. Dúas teñen a cachotería revocada, e a outra, presenta as pedras vistas e encintadas. Ademais, teñen unhas gárgolas de cantería nas medianeiras, e conservan a carpintería tradicional.
Teñen especial interese non só, por ser un reflexo da arquitectura tradicional galega, senón por ser un recordo dos orixes da vila e do seu carácter pesqueiro, cando no século XV tan só era unha aldea de pescadores instalada nunha pequena illa da marisma que formaba o río do Con.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Catálogo do PXOM do Concello de Vilagarcía.
Abuín Duro, M. 1993. “Vilagarcía y el mar. Vocación y consolidación portuaria (1880/1936)” Junta del Puerto de Vilagarcía de Arousa.
Caamaño Suárez, M. 2006. “Galicia, las construcciones de la Arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia”. Hércules Ediciones.
Artigos prensa:
González, S. 28/02/07. “La ruina amenaza a una veintena de viviendas abandonadas en O Castro” La Voz de Galicia. Arousa: http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/28/5588436.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Das tres vivendas, a situada na rúa do Cristo, está en estado ruinoso. Fáltalle a cuberta, conservando nada máis que a fachada en pé. Fachada á que lle falta en zonas o encalado, e que ten varias ventás e entradas tapiadas. E incluso presenta grafittis. A casa do centro presenta un mellor estado, aínda que se ve afectada polos problemas xerados pola casa contigua. Ademais as reixas das carpinterías están oxidadas e un cartel dunha marmolería desvirtúa a fachada orixinal. E a casa, situada na rúa do Castro, é a que está en mellor estado, por ser a única realmente, habitada, aínda que se aprecian certas humidades no encalado da fachada.
Onde está localizado
Latitude: 42.594906912Lonxitude: -8.76762628555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84