Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: -- / Palas de Rei / Ulloa (comarca)
Parroquia: Vilar de Donas (San Salvador)
Lugar: Castro Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O muíño de Arias é un pequeno muíño hidráulico situado a carón do río de Castro Vilar. Feito en 1938 pola familia dos Arias para uso privado, no ano 1969, cambiou de propietario, e estivo en uso ata fai poucos anos. Na actualidade, atópase en condiciçons de claro abandono.
A edificación é de planta rectangular feita con muros de cachotería de granito, e cuberta de pizarra a catro augas. A armadura está formada por trabes de madeira. Ten unha fiestra na fachada que dá ó río, e unha porta, nunha das fachadas perpendiculares ó río. Ademais, ten unha pequena depensa embutida na parede ó carón da porta. Uns pasos de pedra, do ancho dunha persoa, levan a un estreito piso de madeira situado á altura do pé do muíño.
Trátase dun muíño de cubo elevado, situado nunha pendente suave, polo que a levada ten unha gran lonxitude para lograr o desnivel preciso para que o muíño funcione. A roda hidráulica é de eixo vertical, formada por un rodicio composto dunha serie de pas metálicas en forma de culler, que recibe a auga que ven do cubo, a través da gateira, e devólvea ó río. A moa e o pé están rodeadas dunha estrutura de madeira que conduce ó gran moído cara un caixón de madeira anexo.
O muíño conserva todos os dispositivos que forman o mecanismo de trituración, así coma o burro, que é un aparello xiratorio composto de dous madeiros, que forman un ángulo recto, e que se utiliza para erguer a moa do muíño cando está desgastada, para poder picala e volver a empregala.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Gato Soengas, A. 1998. “Os muíños de Auga na Ulloa”. Deputación Provincial de Lugo Publicacións.
Páxina web con información didáctica multimedia e interactiva sobre a auga e as súas aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial: http://centros.edu.xunta.es/iesasangrina/auga/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Aínda que o muíño conserva todas as pezas que permiten o seu funcionamento, estas atópanse nun estado de conservación bastante deteriorado, polo que habería que restauralas para poder devolverlle a súa funcionalidade. Tamén a edificación precisaría unha rehabilitación xa que, tanto a armadura coma as vertentes da cuberta atópanse nun estado que facilitan as filtracións de auga, e que poderían sufrir, en calquer momento, un derrube. As pedras das paredes están cubertas de algas, no interior do muíño, e de líquenes, no exterior. Ó redor do muíño, e sobre este, existe bastante maleza impedindo, incluso, o acceso a el, e afectando á estabilidade da edificación. Ademais a canle presenta un importante derrube ocasionado pola abundate maleza e as árbores que a rodean.


Onde está localizado

Latitude: 42.899998695
Lonxitude: -7.81270086765
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84