Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vigo
Parroquia: Navia
Lugar: Laxelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:
Sitúase nun val nas proximidades das marismas do río Lagares, no xardín da parte posterior dunha vivenda. Trátase dun afloramento rochoso que presenta os seguintes motivos nalgunhas das rochas que o conforman: círculo de 68 cm de diámetro cun gran número de coviñas no seu interior e exterior e unha serie de sucos de difícil interpretación; a 2,5 m ao sur do anterior, 3 círculos concéntricos incompletos, outro círculo con coviña central e cazoletas; xunto ao primeiro motivo, cara o leste, unha aliñación de coviñas, 3 círculos concéntricos incompletos, outro círculo incompleto tanxencial aos anteriores, un círculo con coviña central asociado a un suco e outros sucos de difícil lectura; no extremo meridional, cazoletas.
Estado de conservación en xeral bo, aínda que ó redor e por riba del crecen unas poucas herbas e prantas de adorno do xardín. Fai algún años tiveron feito unha limpeza de liques e musgos, pero xa se ven máis liques por toda a superficie da rocha.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36057032
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Catálogo do PXOM de Vigo de 2008
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.202028Lonxitude: -8.772389
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84