
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cangas
Parroquia: O Hío (Santo André)
Lugar: Donón
Outra denominación do ben: Facho de Donón
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
No extremo occidental da Península do Morrazo, individualizado do seu contorno e elevado sobre o océano, o Monte do Facho acolleu ou longo de séculos distintas expresións da vida na bisbarra, que o son tamén da Historia de Galicia.
En primeiro lugar, dende o século X a.C ata o século VII a.C, existiu un poboado na ladeira este, do que apenas temos información salvo a do seu excepcional tamaño.
A partir do século VI a.C xorde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a.C. Del aínda podemos ver parte das murallas, o foso, as pedras que conformaban as súas vivendas e que hoxe cobren as ladeiras do monte, os vertedoiros de lixo nas marxes do poboado ou a topografía actual do monte que deriva tanto da construción mesma do poboado como da configuración natural.
Posteriormente, un santuario levantado sobre o cumio vai a recoller as vellas crenzas de quen viviran no castro para dotalas, ao longo dos séculos II ao IV d.C, dun novo carácter, agora marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano chamado Gallaecia. Finalmente no século XVIII constrúese o posto de vixilancia costeira con fins militares do cal pervive a garita.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745CA003.pdf
http://www.cangas.org/historia_gal.php
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2765586061Lonxitude: -8.86067211628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 28, 2013
Segundo a tradición, desde o cantil denominado a Banda da Figueiriña e a Costa do Río parten as ánimas no seu camiño para o Alén. Neste sentido, os mariñeiros afirman ter visto desde o mar as luces das ánimas ou da Compaña no cantil. Isto ten relación coa crenza máis ampla do tránsito das ánimas desde terra firme cara ás illas Ons e Cíes e, desde elas, para o Alén.
Oscar Franco says:
Mai 28, 2013
As diferentes escavacións arqueolóxicas atoparon neste lugar 161 altares, no que fai case dous mil anos debeu de ser un bosque de aras levantadas sobreo cumio do monte.
Elixio Vieites says:
Mai 28, 2013
Grazas polas aportacións Oscar. Aquí outros castros de Cangas no Boletín Oficial de Pontevedra de 12 decembro de 1994
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CANGAS/documents/0745CA003.pdf
Raúl Villanueva says:
Nov 4, 2013
Lugar de ensueño con preciosas vistas a la boca de la Ría de Vigo que con sus dos islas, conocidas por los antiguos como “Islas de los Dioses” y “Afortunadas” igual qua las Canarias y hoy “Cies” siguiendo comentarios de Plinio, forman ese abrigo natural a las embarcaciones. Todos sus arenales del interior de la Ría eran unas auténticas statios romanas. Lugar, como “O Trega, donde no llega lo que te puedan decir, hay que subir. Antiguamente el oppidum fue conocido como: “Berobriga” debido a esas aras romanas que menciona ELIXIO VIEITES ya que prácticamente en todas ellas y en un no muy buen latin se la menciona, salvo en una que muy a las claras la menciona: “BEROBRIEGOCOI” y allí se daba culto a los dioses lares del recinto amurallado. Fue lugar de peregrinación hasta momentos bien avanzados del medievo.
paeiro says:
Ago 29, 2014
Bravo, Jorge `Visitantes de O Facho adulteran el yacimiento arqueológico con torres de piedras’ La Voz de Galicia, 27-08-2014. Dispoñible en:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/08/27/visitantes-facho-adulteran-yacimiento-creando-torres-piedras/0003_201408V27C9991.htm