Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: San Francisco
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben: Igrexa da Peregrina
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa da Peregrina é un edificio relixioso localizado na cidade de Pontevedra, na provincia homónima. Combina fórmulas típicas do último barroco con suxerencias neoclásicas. A súa planta está inspirada nunha vieira, símbolo característico dos peregrinos, dentro da cal está inscrita unha cruz.
A fachada principal, obra de Antón Souto, vai precedida dun sinxelo atrio con escaleira, perimetrado por unha balaustrada con pináculos.
Comezouse a construir no 1778 e trátase dunha das edificacións máis simbólicas e relevantes da cidade de Pontevedra. Está adicada á Virxe que, segundo a tradición, guiaba ós peregrinos desde Baiona ata Santiago.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural 
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

O retablo maior, neoclásico, foi trazado en 1789 por Melchor de Prado, con variacións levadas a cabo polo seu irmán Manuel e Juan Pernas Gambino. Chama a atención o pilón de auga bendita, unha cuncha de molusco traída do Pacífico por Méndez Núñez.
A portada acolle no alto a imaxe da Peregrina (s. XIX), patrona da provincia de Pontevedra, nunha fornela. Destaca a fonte de pedra situada ao pé das escaleiras da portada principal. Outro detalle é o reloxo da torre norte, instalado no ano 1896, procedente do Hospital de San Juan de Dios que fora demolido. Na capela tamén están instaladas as campás do hospital.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.43226272129293
Lonxitude: -8.647527694702148
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84