
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Viceso (Santa María)
Lugar: Pousada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Antigamente emprazábase este cruceiro no treito do camiño sacramental que ía desde a aldea de Pousada á igrexa parroquial de Viceso. Actualmente o cruceiro está de costas á pista que substituíu ao camiño, que pasaba por diante do cruceiro, pois era este un elemento do itinerario. Na totalidade, o conxunto mide ao 4,46 m. Aséntase o cruceiro sobre unha plataforma de catro chanzos, na que arranca o fuste dunha soa pedra coa imaxe do apóstolo San Pedro, coas chaves na dereita e un libro na esquerda . Ten unha inscrición que di : ” Este crvsero mando haser P Pedro Basqves i su muger Dominga””. Ano 1873. A capela acolle á Virxe co Neno Xesús no colo sobre o lado esquerdo. Coa outra man acaríñalle un pé. Conserva restos de policromía. Coroa a capela un Xesucristo crucificado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998 ISBN 84-89129-09-6 (páxina 301)
González Pérez, Clodio. “Os cruceiros de capela:III. Concello de Brión”,Cuadernos de Estudios Gallegos, 1995,
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA026.pdf
(páxina 29 de 40)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.865089451Lonxitude: -8.74782085419
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Silvia Mariño says:
Out 13, 2017
Este dato deste cruceiro é grazas á sabedoría popular e ás conversas cos veciños de Pousada é que tiña unha leira aforada; é decir que Pedro Vazques e a súa dona Dominga Vidal, quen mandaron e pagaron a feitura do cruceiro da Goriña; (alcume da súa casa), deixáronlle tamén unha leira, cos alugueiros, ou frutos producidos por está e que serían logo invertidos no mantemento do cruceiro, limpeza e repintado, nalgunha ocasión pagabase unha misa.
elixiovieites says:
Out 13, 2017
Grazas pola achega Silvia, é un dato moi curioso. E o primeiro que coñezo desa natureza. Saúdos