
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Moraña
Parroquia: Amil (San Mamede)
Lugar: Cartamil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro de Monte O Castelo está no alto do monte do mesmo nome a 468 m. de altitude, dominando a chaira de Moraña e cunhas panorámicas da ría de Arousa, chegándose a ver tamén Ribeira.
O castro está directamente relacionado co castro de Penalba que se atopa a 1 km deste. Penalba foi un asentamento da idade de bronce, pero que a comezos da idade do ferro e da cultura castrexa foi abandonado e a poboación hipoteticamente se trasladou ao lugar de monte Castelo. Por tanto este castro sería de comezos da idade do ferro.
Hoxe en día o lugar está cheo de maleza, principalmente toxo, polo que é doado distinguir os seus elementos característicos. Hai unha pista forestal que rodea o castro polo oeste e polo sur de onde sae un camiño que nos leva ao que sería a parte central da súa terraza. Dende alí todavia é posible chegar por un sendeiro entre a maleza ata ao que podería ser a croa. No camiño pódese ver entullo de pedra de tamano pequeno e ata o que poderían ser uns chanzos para subir á croa.
O castro ten forma elíptica seguindo o seu eixo máis longo a dirección norte-sur. Na parte norte estaría a croa, na que atopamos os chanzos e o entullo de pedra, aínda que é posible que houbera outra no seu extremo sur, pois se distingue outra elevación. Debido á maleza non é posible moverse pola súa superficie e distinguir os elementos.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36032004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● Antonio Alvarez Núñez. “Castro de Penalba: Campo Lameiro, Pontevedra: campaña 1983” Xunta de Galicia, 1986. ISBN 84-505-2874-7.
● Boletin Oficial de Pontevedra nº 166 — Miércoles 29 agosto 2001, páx. 58
http://www.bop.depontevedra.es/bop.PONTEVEDRA/2001/bop.PONTEVEDRA.20010829.166.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5483222552Lonxitude: -8.56405735016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
salvador Seco says:
Out 29, 2015
Eu coñezo a zona,e inda que hai moitos anos que non vou, nas cordenadas que dades, non me lembro de un castro, pode ser pola maleza que na quel entonces habia na zona. O que si atopei nese pico foi unha cruz de pedra, que anos despois intentei buscala pero nunca atopei o sitio. O castro que vos refirides (supoño) e que coñezo, atopase a uns 1000 metros e pertenece o monte comunal de Cosoirado aqui vos deixo as cordenadas 42.553834,-8.567093. Espero que a informacion vos sirva, un saudo dende Monterrey Mexico
Paeiro says:
Out 31, 2015
Moitas grazas pola información. Com ben dis, había moita maleza e non foi doado visitar o sitio na súa extensión polo que non mirei cruz alguha inda que poida que siga alí.
Pero pareceme moi interesante o tema da cruz e voltarei a ver se a atopo. Tamén farei unha visita as coordenadas que me das.