Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cerdedo
Parroquia: Santa María de Tomonde
Lugar: Vilalén
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro construído aproveitando un outeiro natural que domina a chaira do redor, e próximo ao regueiro do Batán.

O castro está moi transformado pola aparición dun núcleo de poboación pola súa beira oeste e sur aínda que as vivendas se estenden tamén polo este e invadiron o castro na súa metade sur. O castro ten forma ovoidal seguindo o seu eixo maior a dirección norte-sur e sendo a súa parte máis estreita mirando ao norte. Pola súa beira noreste ten unha pendente moi pronunciada, sendo a inclinación máis suave cara ao sur onde remata nun muro de contención de recheo e posiblemente de datación máis serodia. Parece ter unha terraza ao norte da croa que estaría situada no medio e outra pola súa metade sur.

Os posibles penedos que ocuparon a croa foron achandados e aínda se pode apreciar o afloramento de pedra granítica. Hoxe en día podemos atopar nela dous fermosos hórreos en pedra e a ermida de San Cipriano e San Cornelio datadas en torno aos séculos XVI ou XVII. Tamén podemos atopar un cruceiro de pouca altura, posiblemente da mesma data que a ermida. A terraza do norte está ocupada por unha carballeira destinada a campo de festas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.57212440121382
Lonxitude: -8.402599722157902
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84