Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: San Pedro de Visma
Lugar: Igrexario de visma
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Foi unha parroquia que formou parte do concello de Oza, anexionado polo da Coruña a principios do século XX. Edificio exento de planta de cruz latina, dunha soa nave e cun cruceiro destacado en planta, construído en 1853 por Faustino Domínguez Domínguez.
O contorno desta igrexa hai tan só medio século era agrícola e pesqueiro, pero co enorme crecemento unbán pasou a integrarse na cidade.
A igrexa destaca pola calidade dos seus materiais constructivos, especialmente pola súa cantería de granito. A sinxela decoración está limitada aos elementos estructurais da fachada como son dúas grandes bandas verticais que percorren os estremos da fachada e o frontón triangular de gran sobriedade no que destacan unicamente dous pequenos pináculos nas esquinas. A fachada consta dun corpo baixo e unha planta alta que acolle o coro. A porta de pequenas dimensións destaca polo lintel percorrido por tres bandas e dúas ménsulas que acollen un tornachuvias de escaso resalte sobre o plano vertical. Separando os dous corpos aparecen unhas bandas horizontais: a central de maior resalte continúa e envolve perimetralmente as fachadas laterais do edificio. Similar disposición repítese nos brazos do cruceiro. Este tipo de igrexa da primeira metade do século XIX responde ó modelo propio de fins do neoclasicismo, onde o espacio e o volume non se ven distraídos por ornamentación algunha.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña”, Vol. VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/0152CA007.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.36809737443302
Lonxitude: -8.42924952507019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84