Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Visma (San Pedro)
Lugar: Nostián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Nostián está ubicado no cume dun monte de 85 metros de altitude sobre o nivel do mar, nas coordenadas 4º 47`20″ lonxitude Oeste e 43º 21`05″ latitude Norte, próximo os depósitos de gas butano anexos a Refinaría da Coruña e a carón de onde se celebra a festa anual da aldea de Nostián. Este é un claro exemplo de invasión do patrimonio por parte, neste caso, da mencionada refinaría e a planta de residuos urbanos.
Este xacemento ten uns 7000 metros cadrados de recinto interior e un círculo exterior duns 8000 metros cadrados cunhas medidas duns 148 metros de Leste-Oeste duns 105 metros Norte-Sur. Está formado por unha serie de terrazas que se escalonan cara o val de Nostián. No extremo Oeste hai un gran parapeto defensivo que aproveita a altura do terreo e os afloramentos rochosos; este parapeto cae sobre un camiño que de seguro debe estar ocupado por un foxo do castro. Ó Norte sitúase outro parapeto de menor dimensións quedando o resto das defensas definidas por varios terrapléns, algúns con fortes desniveis. Na croa, situada na parte alta do xacemento, na finca coñecida como “O Pinar”, fíxose unha prospección no ano 1975 levada a cabo polo profesor J. Manuel Vázquez Varela, dando como resultados o achado dunha casa circular de pedra, de 7,70 metros de diámetro externo e cuns muros dun grosor de 0,80 metros. O estudo dos materiais aparecidos na casa, permiten atribuíla a un momento avanzado da cultura castrexa, preto do cambio de Era.
Atopáronse anacos de vasixas de barro, percutores, machacadores, pedras de afiar así como tres pesas de telar e unha ficha cilíndrica perforada do mesmo material. Unha machada de ferro e un anaco de fíbula de bronce, dúas rodas inferiores de muíño manual circular, varios artefactos de pedra como cristais de cuarzo, cristal de rocha, falsa amatista e sílex sen traballar. Hoxe en día aínda podemos ver nesta área dúas estructuras circulares, destacando a situada ó Norte que presenta un muro de mampostería de boa factura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15030002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-VIDAL ROMANÍ, J.R.; VÁZQUEZ, J.M. (1972) Prospección arqueológica en el Castro de Nostián, A Coruña. Estudio petrológico. Congreso: 1ª Jornadas de metodología aplicada a la Prehistoria. Actas, 1972, pp.: 59-63
-VIDAL ROMANÍ, J.R.; VÁZQUEZ, J.M. (1977) Conocimiento geológico del hombre prehistórico. XV Congreso Nacional de Arqueología. Actas, 1977, pp. 11-18.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/0152CA007.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3512795288
Lonxitude: -8.45742881298
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84