
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: San Pedro de Visma
Lugar: Praza dos Mariñeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro construído cando se fixeron as casas de Franco en 1958, de tipo de Crucifixo con plataforma rectangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado. Nun principio, na plataforma polo lado do reverso, servía de fonte, no que tiña un cano e unha pía, hoxe tapiada. O varal é no primeiro tercio cadrangular para logo pasar a ser octogonal nos dous tercios restantes. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. Ten volutas, follas de acanto e flores. A súa cruz é cadrangular cos brazos achafranados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. No reverso da cruz fica a Virxe co Neno no colo. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3642160718967Lonxitude: -8.42502772808075
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 9, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150300501.html