Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa García Barbón 15,17 e 19
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de estilo ecléctico de corte francés e base neobarroca de forte simetría, obra do arquitecto Michel Pacewicz. A horizontalidade da composición está remarcada pola balconada corrida do primeiro e último andar. Destaca tamén a presenza de miradoiros de pedra no segundo andar con decoración clasicista de pilastras con capiteis xónicos que sustentan un friso a modo de entaboamento. En canto á individualización por andares tan característico do estilo ecléctico, neste caso é case imperceptible.

O andar baixo é de cantería con almofadado nas pilastras que soportan os arcos de medio punto. A coroación do edificio é unha combinación de petrís e varandas de granito sobre as que se sitúan unhas bufardas rematadas en frontóns curvos e partidos adornados con volutas nos laterais inferiores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2009/10/casas-de-oya-1904_21.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23739855167671
Lonxitude: -8.718611598014832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84