Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Nigrán / Vigo (comarca)
Parroquia: Priegue (San Mamede)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Foi construida no ano 1747, polos mestres canteiros Manuel Sarrapio e Santiago de Pazos. Axustaron a obra a 6.400 reais a capela maior, e 5.900 reais o corpo da igrexa.
Posúe planta de cruz latina.
As Capelas laterais con bóvedas de cantería foron construidas a finais do século XVIII.
No século XX engadíuselle un pórtico a tres augas diante da porta principal na fachada occidental. Ésta preséntase apilastrada nos extremos e con pináculos no borde do tellado.
A porta principal é acincelada e por riba ten unha cornisa en pilastras, na que se adorna con dúas pilastras pequenas a modo de pináculos con remate en esfera. No centro hai una hornacina pequena co Patrón en pedra. Ten venera e moldura.
No centro da fachada, sobre moldura volada, está a espadaña de dous corpos. O inferior con dous ocos de medio punto, con molduras e pilastras. O superior dun so oco con frontón triangular, pináculos e cruz pétrea de remate.
O retablo maior cubre todo o paramento da ábsida.
O corpo está formado por tres rúas e un ático semicircular: sobre unhas gradas, e independiente, está o Sagrario, coa porta tallada cunha Custodia por riba dun cúmulo de nubes, e adornado con cornisas e columnas laterais. Na última das gradas preséntase o expositor de dous corpos, o primeiro para a exposición do Santísimo e o segundo para a colocación dunha imaxe. Este expositor está sostido por estípites e remata en arco trilobulado.
O entablamiento superior é mixtilíneo e polidireccional. Un rebanco adornado con dous anxos fan apoio á hornacina superior que da continuidade á rúa central. Ten cúpula e dous pares de estípites e un de pilastras para sostela. Ademáis do retablo maior ten outros catro. Dous na nave e outros dous nas capelas laterais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NIGRAN/documents/26507ca501.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.16147887237624
Lonxitude: -8.797956705093384
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84