Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa Marqués de Valladares, 7
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O inmoble, obra do arquitecto Bar Boo en 1957, supón na arquitectura viguesa e galega a superación das prácticas conservadoras da posguerra e o inicio do reencontro coa modernidade. Sinala tamén a presenza dunha nova xeración de arquitectos que abriron unha nova etapa de contacto co Movemento Moderno. A fachada principal reflicte os usos dos espazos interiores, diferenciándose cos materiais os locais comerciais, oficinas e vivendas. Estas últimas, resoltas a diferentes alturas, coinciden cos aplacados de pedra puída e as oficinas cos grandes panos de vidro. O interior amosa unha gran riqueza espacial, destacando a presenza dun amplo patio central que aumenta de tamaño segundo se ascende. Nel dispóñense terrazas e superficies axardinadas que permiten que a luz e a ventilación chege a uns espazos sumamente coidados.

Este edificio foi incluído no DO.CO.MO.MO. (Documentación e Conservación do Movemento Moderno) da Arquitectura)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23839939516863
Lonxitude: -8.722465932369232
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84