
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo
Lugar: Vigo - Rúa García Barbón, 31
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O Edificio Curbera foi o primeiro da cidade de gran desenvolvemento vertical. A súa altura de trece plantas era considerable en 1944, ano no que remata a súa construción. Por esta causa popularmente foi coñecido durante moitos anos co nome de “rañaceos”. Amosa unha linguaxe racionalista heterodoxa cunha composición simétrica marcada pola conxunción de liñas verticais e horizontais. A verticalidade remárcase cun tramo central que rompe a cornixa cun remate en chanzo vinculado a Art Decó. O lazo con esta corrente mantense tamén na elección de suntuosos materiais para os aplacados. Están presentes elementos racionalistas como os balcóns de tramos curvo, as ventás apaisadas, as varandas metálicas e os piares cilíndricas, entre outros.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialEquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2008/11/edificio-curbera.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23667968207198Lonxitude: -8.715714812278748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84