Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo
Lugar: Vigo - Rúa Areal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio, promovido por Manuel Blanco García, é unha das primeiras mostras na cidade de Vigo dun eclecticismo de influencia francesa que se vai a converter no estilo característico do ensanche. Na composición da fachada principal adopta un esquema académico cunha planta baixa que actúa como base e pilastras acanaladas que percorren a fachada sostendo os elementos de coroación. Entre eles destaca unha fermosa balaustrada pétrea e un frontispicio neobarroco no centro. A suntuosa fachada, que destaca pola excelente cantaría, incorpora unha ampulosa ornamentación barroca-rococó, inspirada na arquitectura parisiense do Segundo Imperio e recollida dos numerosos libros de repertorio que circulaban neses anos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23918576106226
Lonxitude: -8.719869554042816
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84